CONCURSO ESPECÍFICO - PRAZA DE XESTIÓN DO SCT-TI CIVIL-FAMILIA-CONTENCIOSO-SOCIAL EN FERROL

Martes, 03 Feb 2026

Publicouse no DOG  e no BOE do 2/2/2026 a RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 2026, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se convoca para a provisión, polo sistema de concurso específico, un posto de traballo do corpo de xestión procesual e administrativa.

As persoas que concursen deberán presentar a súa solicitude utilizando obrigatoriamente o modelo que figura no anexo III desta resolución.

O prazo de presentación será de DEZ (10) DÍAS HÁBILES, contados desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado. En caso de que a publicación desta convocatoria non se faga simultaneamente en ambos, terase en conta a data de publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co que dispón o artigo 49.5 do Regulamento de ingreso, provisión de postos de traballo e promoción profesional do persoal funcionario ao servizo da Administración de xustiza.

As solicitudes irán dirixidas á Dirección Xeral de Xustiza, da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, e deberán presentarse na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/solicitude-xenerica) mediante o modelo de solicitude xenérica co código PR004A.

Xunto coa solicitude deberase achegar a documentación acreditativa dos requisitos exixidos e dos méritos alegados, os cales se deberán relacionar no modelo de solicitude (anexo IV) desta convocatoria.

Os méritos específicos, correspondentes á segunda fase do concurso, deberán ser xustificados documentalmente, así como mediante certificados ou calquera outro medio de proba admisible en dereito.

Para ver as convocatorias preme nas ligazóns:


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal