
CONCURSO-OPOSICIÓN XESTIÓN TRAMITAMITACIÓN E AUXILIO RESERVA DE NOTA E DEREITOS DE EXAME
O Ministerio de Xustiza acaba de publicar unha nova informativa para aclarar diversos aspectos en relación a reserva de nota para o concurso-oposición.
De acordo co punto 1.5 do Anexo II a) e Anexo III a) e o punto 1.4 do Anexo IV a) da convocatoria sobre a reserva de nota: As persoas aspirantes que superasen a fase de oposición na convocatoria da OEP 2017- 2018, cunha nota superior á mínima fixada, pero non obtivesen praza no Corpo ao que se presentaron, por non reunir méritos suficientes na fase de concurso daquela convocatoria, quedarán exentos de realizar nesta convocatoria os exercicios desta fase de oposición.
Esta reserva só se recoñecerá cando a persoa aspirante se presente polo mesmo Corpo, ámbito territorial, e quenda (sistema xeral ou quenda de reserva), salvo que voluntariamente se presente na nova convocatoria para obter mellor nota. Neste caso, se a nota obtida fose inferior ou non superase a fase de oposición, reservaráselle a nota da oposición da convocatoria 2017-18.
A nota que se reserva é a do conxunto da fase da oposición da OEP 2017-2018, pero non a de cada un dos exercicios, é dicir, o opositor debe realizar todos os exercicios que compoñen a fase da oposición no seu conxunto, téndose en conta a maior cualificación que teña na fase de oposición.
Ao ser os exercicios eliminatorios, se non alcanzase a puntuación mínima para continuar a fase, non se corrixiría o exercicio ou os seguintes, polo que se tería en conta a nota reservada.
A reserva de nota utilízase para non presentarse aos exames da fase de oposición e pasar directamente á fase de concurso, sen prexuízo de poder facer todos os exames da fase de oposición para subir nota.
A nota de oposicións anteriores valórase como mérito ao marxe de que se fixera uso dela na reserva de nota.
Todos os exames dos tres corpos celebraranse o mesmo día, 2 de marzo de 2024, de forma consecutiva e na mesma sede de exame.
Sobre a devolución de taxas de dereitos a exame indícase que as bases -cuarta- da Orde PJC/1301/2023, do 23 de novembro e 5.11 da JUS/1327/2022 do 28 de decembro dispoñen:
Base cuarta. - Convocar a todos os aspirantes incluídos na relación definitiva de persoas admitidas á realización dos distintos exercicios dos corpos arriba mencionados que terá lugar o día 2 de marzo de 2024, ás 9:00 horas (8:00 en Canarias) nas sedes que con posterioridade se publicaran, conforme ao disposto na base 5.11 da convocatoria.
Non procederá a devolución dos dereitos de exame nos supostos de exclusión por causa imputable aos aspirantes, nin en caso de inasistencia ao exercicio.
O exame de incidencias previsto no punto 7.4 da convocatoria, poderá ser coincidente no tempo en calquera das súas fases ou exercicios co desenvolvemento doutros, en igualdade de condicións cos exames previstos o 2 de marzo.
Se queres ver a resolución completa PREME AQUÍ
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal