CONVOCADAS PROBAS SELECTIVAS DE ACCESO AO CORPO DE LETRADOS/AS - QUENDA LIBRE E PROMOCIÓN INTERNA

Convocatoria Orde PJC/307/2025, de 26 de marzo - OEP 2023-2024
Luns, 31 Mar 2025

Publicouse no BOE do 31 de marzo de 2025 a resolución pola que se convoca proceso selectivo para ingreso, polo sistema xeral pola quenda libre e promoción interna, no Corpo de Letrados da Administración de Xustiza.

A distribución por quendas de acceso e OEP das 417 prazas convocadas é a seguinte:
– Para a OEP 2023:
● Quenda libre: 177 prazas, das cales 12 constitúen a cota de reserva de persoas
con discapacidade.
● Acceso por promoción interna: 77 prazas, das cales 5 constitúen a cota de reserva
de persoas con discapacidade.
– Para a OEP 2024:
● Acceso libre: 114 prazas, das cales 11 constitúen a cota de reserva de persoas
con discapacidade.
● Acceso por promoción interna: 49 prazas, das cales 5 constitúen a cota de reserva
de persoas con discapacidade.

As persoas aspirantes só poderán participar nunha das quendas, quenda libre ou promoción interna, xa que os sistemas xerais pola quenda libre e a de promoción interna son independentes.

A presentación da instancia de solicitude deberá presentarse no prazo de VINTE DÍAS HÁBILES (1 de abril ata o 30 de abril), contados a partir do día seguinte ao da data de publicación desta convocatoria no «Boletín Oficial do Estado», e enviarase por vía electrónica a través do servizo de Inscrición en Procesos Selectivos do punto de acceso xeral, http://administracion.gob.es/pag/ips, ao que se pode acceder directamente ou a través do portal web do Ministerio da Presidencia, Xustiza e Relacións cas Cortes, www.mjusticia.gob.es (Empleo público–Oposiciones y procesos selectivos).

Para ver a resolución completa preme na seguinte ligazón:


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal