CONVOCATORIA DAS AXUDAS DE ACCIÓN SOCIAL 2025

Martes, 13 Mai 2025

Publicouse no DOG a RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2025, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dá publicidade á convocatoria e aos criterios de repartición do Fondo de Acción Social do ano 2025 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza con destino na Comunidade Autónoma de Galicia.

Poderá solicitar as axudas o persoal funcionario de carreira e o persoal interino dos seguintes corpos ao servizo da Administración de xustiza: médicos forenses, xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial.

O persoal referido no parágrafo anterior deberá estar, no prazo de presentación das solicitudes, en situación de servizo activo ou de excedencia por coidado de fillos/as ou de excedencia por coidado de familiares e ter destino nesta comunidade autónoma, así como reunir os restantes requisitos exixidos por este programa de atención de persoas con discapacidade do Fondo de Acción Social.

Tamén poden solicitar a axuda:

a) Aquelas persoas que prestasen servizos como persoal funcionario interino da Administración de xustiza nesta comunidade autónoma durante o período comprendido entre o final da acción social do ano pasado (día 26.6.2024) e a finalización do prazo de presentación de instancias desta convocatoria.

b) O persoal funcionario de carreira da Administración de xustiza que durante o período comprendido entre o final da acción social do ano pasado (26.6.2024) e a finalización do prazo de presentación de instancias desta convocatoria prestase servizos nesta comunidade autónoma e se xubilase durante o dito período.

O prazo de presentación de solicitudes será de quince (15) días hábiles (ata o 3 de xuño) contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

As persoas solicitantes deberán completar obrigatoriamente o formulario electrónico da solicitude a través da OPAX (Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza) no enderezo https://www.xunta.es/sxpa/AIX/

Para ver a resolución completa preme na seguinte ligazón:


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal