CONVOCATORIA OPOSICIÓNS LETRAD@S QUENDA LIBRE E PROMOCIÓN INTERNA - OEP2025

Convocatoria Orde PJC/144/2026, do 24 de febreiro
Luns, 02 Mar 2026

Publicouse no BOE do 28 de febreiro a Orde PJC/144/2026, do 24 de febreiro, pola que se convoca proceso selectivo para ingreso, polo sistema xeral de acceso libre e promoción interna, no Corpo de Letrados da Administración de Xustiza.

A distribución por quendas de acceso e é a seguinte:

– Acceso libre: 119 prazas, das cales 12 constitúen a cota de reserva de persoas con discapacidade.
– Acceso por promoción interna: 60 prazas, das cales 6 constitúen a cota de reserva de persoas con discapacidade.

As prazas reservadas en promoción interna para persoas con discapacidade que queden desertas acumularanse ás da quenda ordinaria de promoción interna.

A presentación da instancia de solicitude deberá realizarse por vía electrónica, a través do servizo de Inscrición en Procesos Selectivos do punto de acceso xeral, http://administracion.gob.es/pag/ips, ao que se pode acceder directamente ou a través do portal web do Ministerio da Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes, www.mjusticia.gob.es (Emprego público–Oposicións e procesos selectivos). Unha vez identificado, deberá elixir a convocatoria de acceso ao Corpo de Letrados da Administración de Xustiza, pulsar en «inscribirse» e a continuación elixir a opción «realice a inscrición en liña», seguindo as instrucións que se indican no anexo III.
Os sistemas de identificación e firma admitidos para realizar a inscrición serán os que determine o servizo IPS.
5.2 Para participar nestas probas selectivas deberase cumprimentar e presentar electronicamente a solicitude de admisión no modelo oficial 790, no Punto de Acceso Xeral:

https://ips.redsara.es/IPSC/secure/buscarConvocatorias

No caso de que se produza algunha incidencia técnica durante o proceso de inscrición deberán encher o seguinte formulario https://centrodeservicios.redsara.es/axuda/consulta/IPS ou dirixirse ao teléfono 060.

O importe da taxa por dereitos de exame será de 31,10 euros para o sistema xeral de ingreso libre e de 15,55 euros para o sistema de promoción interna.

O importe reducido para familias numerosas será de 15,55 euros e de 7,78 euros respectivamente.

Existen tamén motivos polos que se pode estar exento do pagamento da taxa correspondente (revisar a convocatoria).

Para ver a resolución completa preme na ligazón:


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal