DENUNCIA SOBRE NOVAS HUMIDADES NO ARQUIVO DE TUI

Por medio do presente escrito, reiterase a denuncia sobre o estado das instalacións do arquivo xudicial dos antigos xulgados de Tui, ao abeiro da normativa vixente en materia de prevención de riscos laborais así como a de protección e conservación da documentación e do patrimonio documental xudicial, polos feitos acontecidos o pasado 28 de xaneiro do 2026, onde entrou auga no arquivo ao filtrarse a choiva no edificio, e descender polas escaleiras, penetrando no interior das dependencias do arquivo xudicial, tal e como amosan as fotografías que se acompañan.
Xa fai tempo que se solicitou por parte deste sindicato unhas novas instalacións para albergar esta parte do arquivo xudicial, debido a falta de salubridade e conservación das actuais, máxime tendo en conta que o edificio e de propiedade municipal. É patente a necesidade de adoptar medidas urxentes que garantan tanto a protección da documentación xudicial alí obrante así como a saúde e seguridade dos traballadores que acceden ao arquivo xudicial.
De non adoptarse medidas inmediatas que dean unha solución á situación, e informarnos ao respecto sobre as mesmas, sobre todo se se opta pola dotación de novas infraestruturas axeitadas para o arquivo xudicial, poñeremos estes feitos en coñecemento da Inspección de traballo e dos servizos de Patrimonio correspondentes.
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal