
EXECUCIÓN DE MÚLTIPLES SENTENZAS DA TRAXECTORIA PROFESIONAL

Tras varias execucións de sentenza anteriores, nas que se estimara o pagamento da traxectoria profesional, neste mes de setembo, nove traballadoras/es da Administración de Xustiza da provincia de Pontevedra, acaban de recibir unha boa nova sobre a reclamación que a CIG iniciou con eles no seu momento, e cuxa culminación final foi o recoñecemento e pagamento dos atrasos devengados desde o citado ano 2020, tanto do grao I como do grao II. Uns 3.000 € por traballador foi o que a Xunta de Galiza tivo que desembolsar despois destes 4 anos, e dicir, un total duns 27.000 €. O tempo e a xustiza deronnos finalmente a razón e conseguimos para esas traballadoras/es afiliadas/os esta mellora retributiva.
Así mesmo, todos eses recursos contenciosos que prantexamos no ano 2020 foron os que fixeron mudar o criterio da Xunta de Galiza, que xa no ano 2022 tivo que integrar a todo o persoal na traxectoria profesional. E foi esa pelexa nos tribunais e non outra cousa, a pesares das críticas recibidas doutras centrais sindicais, o que fixo de panca para dobregar a unha administración pouco dada á negociación.
Non contentos só con iso, no seu día tamén gañamos como CIG unha sentenza no TSXG contra o propio acordo da traxectoria profesional de 2020 no que, depois de anular as bases 1ª e 5ª, en canto á non inclusión do persoal interino en dito acordo, declarouse o dereito de dito persoal a participar, nas mesmas condicións que o persoal de carreira, tanto no réxime ordinario como no extraordinario de acceso aos distintos graos do sistema de carreira profesional, diseñado pola resolución de 30 de xuño de 2020 e desenvolto polas súas normas e resolucións de aplicación. Con ese motivo solicitamos o pasado 11 de xuño de 2024 a execución voluntaria de dita sentenza para permitir que todas aquelas/es traballadoras/es que no ano 2020 non puideron solicitar a traxectoria profesional o puidesen facer agora. Dado que nada se contestou por parte da Dirección Xeral de Xustiza a nosa peticion, so nos vái quedar o camiño de requerir ao TSXG a execución forzosa, nos seus propios termos, da sentenza dictada ao noso favor o 29 de outubro de 2021.
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal