
INFORMACIÓN DE INTERESE SOBRE O DESENVOLVEMENTO DO CONCURSO OPOSICIÓN DOS CORPOS DE TRAMITACIÓN E DE AUXILIO EN GALICIA
INFORMACIÓN DE INTERESE SOBRE O DESENVOLVEMENTO DO CONCURSO OPOSICIÓN DOS CORPOS DE TRAMITACIÓN E DE AUXILIO EN GALICIA (Orde JUS/1327/2022, de 28 de decembro)
O Tribunal Delegado de Galiza das probas do Concurso Oposición previstas para este Sábado, 2 de marzo, fainos chegar a seguinte información:
As probas, tanto para o corpo de tramitación como de auxilio, desenvolveranse na Facultade de Dereito, no campus vida, da USC en Santiago de Compostela. Os membros do Tribunal Delegado estarán nunha sala habilitada xunto a conserxería.
Todas as persoas inscritas no proceso van pola quenda libre. Non constan adaptacións autorizadas.
O persoal opositor que se presenta ao corpo de tramitación procesual e administrativa deberá dirixirse ao SALÓN DE ACTOS mentres que o persoal que se presenta ao corpo de auxilio xudicial deberá dirixirse á AULA 1.
As probas desenvolveranse da seguinte forma:
1. Apertura das portas ás 8:30 h. NON ESTÁ PERMITIDO O ACCESO Á FACULDADE DE ACOMPAÑANTES DO PERSOAL OPOSITOR, que deberán permanecer fóra.
2. A partir das 9:00 h, quen o desexe, pode comezar a entrar na aula para o que debe ter preparado o DNI. QUEN ACCEDA Á AULA NON A PODERÁ ABANDONAR SALVO CAUSA XUSTIFICADA.
3. Entre as 9:30 h e as 10:00 h, lectura das instrucións particulares e apertura das caixas de exame por parte do Tribunal Delegado. Solicitarase para proceder á apertura que dúas persoas opositoras voluntarias comproben que as caixas están precitadas.
4. A partir das 10:00 h comezará o primeiro exercicio. IMPORTANTE! A hora de comezo é aproximada xa que deben estar todas as sedes preparadas. O exame comeza ao mesmo tempo en todo o territorio do Estado. Prégase que o persoal opositor o teña en conta porque non estará permitido saír da aula unha vez sentado, salvo por causa de forza maior. Non se poderá abandonar a aula durante os primeiros 10 minutos nin durante os 10 últimos minutos do exercicio.
Ao celebrarse todos os exercicios de forma continuada, se un opositor abandona un exercicio non poderá presentarse aos seguintes se sae da aula.
5. Segundo exercicio. Comezará, ao igual que o primeiro exercicio, en todo o territorio do Estado á vez. Non se poderá abandonar a aula durante os primeiros 10 minutos nin durante os 10 últimos minutos do exercicio.
6. Terceiro exercicio no caso do corpo de Tramitación.
Non se poderá abandonar a aula durante os primeiros 10 minutos nin durante os 10 últimos minutos do exercicio.
7. Finalización das probas. Cada opositor separará a última folla “copia del opositor” e agardará á recollida das follas de resposta polo persoal de vixilancia.
Non se poderá abandonar a aula ata que sexa indicado polo responsable da aula.
MATERIAL NECESARIO:
- DNI
- Bolígrafo negro ou azul
QUEDA PROHIBIDO:
- A presenza de acompañantes dentro da Facultade de dereito durante o desenvolvemento das probas salvo necesidades especiais puntuais.
- O emprego de AUDÍFONOS salvo xustificación da necesidade.
- O emprego de TAPÓNS para mitigar os ruídos.
- Levar o cuestionario de preguntas antes de finalizar o último exercicio.
- Os teléfonos móbiles e reloxos intelixentes deben estar apagados e gardados, nunca encima da mesa. Se durante o desenvolvemento da proba sona algún dispositivo, a persoa opositora será, en todo caso, expulsada da proba.
OUTRAS CUESTIÓNS DE INTERESE
1. NECESIDADES ESPECIAIS PUNTUAIS. Os aspirantes que, por motivos puntuais e debidamente xustificados, necesiten ausentarse, levantarse ou moverse durante a realización dos exercicios, deberán poñelo en coñecemento do Tribunal Delegado, antes de comezar as probas. Nestes casos, permitiráselles recuperar o tempo. Nestas situacións atópanse os casos das mulleres de maternidade recente cun fillo ou filla lactante. Habilitarase un espazo onde a persoa de confianza da muller achegue ao bebé para que esta poida aleitalo e un vixiante controlará o tempo empregado para iso.
2. PUBLICACIÓN DAS PLANTILLAS. O Ministerio de Xustiza publicará a plantilla provisional de respostas no prazo de 72 horas, e os resultados do exame na páxina web.
3. CERTIFICADO DE ASISTENCIA. Quen necesite certificado de asistencia para o mesmo día das probas debe comunicarllo aos vixilantes dentro da aula, facilitando o DNI para facer o certificado. O resto de certificados de asistencia colgaranse na web do Ministerio 10 días despois da publicación da lista de aprobados.
Se desexas podes imprimir estas instrucións PREMENDO AQUÍ
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal