LETRADAS E LETRADOS OPE 2022, CONCURSO DE TRASLADOS ÓRGANOS DE NOVA CREACIÓN E INCREMENTO RETRIBUTIVO COMPLEMENTO DE DESTINO

Informe emitido hoxe, 26 de febreiro, pola Subdirección Xeral para a Innovación e Calidade da Oficina Xudicial e Fiscal
Luns, 26 Feb 2024

Dende a área de Letrados e Letradas da Administración de Xustiza infórmase do seguinte:

A convocatoria de oposicións correspondente á OEP 2022 foi enviada ao BOE e prevese a súa publicación o día 8 de marzo.

En total son 144 as prazas ofertadas, 111 para a quenda libre e 33 para a promoción interna.

Preme  AQUÍ  se queres coñecer o borrador que se enviou para publicar o día 8.

Igualmente, no mes de marzo está prevista a publicación dun concurso de traslados para prazas de órganos de nova creación.

O incremento complementario establecido por Resolución do 7 de febreiro de 2024, da Secretaría de Estado de Orzamentos e Gastos, reflectirase na nómina do mes de febreiro, aínda que se detectou un erro na contía correspondente ao complemento de destino por representación que perciben os letrados suxeitos ao Real Decreto 1130/2003 (ámbito de xulgados e tribunais sen oficina xudicial). As diferenzas corrixiranse na nómina do mes de marzo.


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal