
LETRADOS E LETRADAS ABERTO NOVO PROCESO SELECTIVO QUENDA LIBRE E PROMOCIÓN INTERNA
Orde PJC/215/2024, do 20 de febreiro, pola que se convoca proceso selectivo para ingreso, polo sistema xeral de acceso libre e promoción interna, no Corpo de Letrados e Letradas da Administración de Xustiza.
Convocanse 144 prazas das cales 111 (8 reservadas para persoas con discapacidade) son para a quenda libre e 33 (2 para persoas con discapacidade) para a promoción interna.
As prazas reservadas en promoción interna para persoas con discapacidade que queden desertas acumularanse ás da quenda ordinaria de promoción interna.
As prazas convocadas para o sistema xeral de promoción interna que queden vacantes acumularanse ás de acceso libre, sistema xeral, antes da realización do curso de prácticas.
Na quenda libre, as prazas reservadas para persoas con discapacidade que queden desertas acumularanse á quenda xeral.
As persoas aspirantes só poderán participar nun das quendas.
O proceso selectivo realizarase mediante o sistema de oposición para os que se presenten pola quenda libre e polo sistema de concurso-oposición para os que se presenten por promoción interna.
En primeiro lugar, resolverase a quenda de promoción interna e con posterioridade a quenda libre. A fase de oposición da quenda de promoción interna terá que celebrarse nun prazo máximo de tres meses, contados a partir da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial do Estado.
PROCESO SELECTIVO:
– Promoción interna:
a) Fase de oposición:
1. Primeiro exercicio, exame tipo test.
2. Segundo exercicio, exame oral.
b) Fase de concurso.
– Quenda libre:
a) Fase de oposición:
1. Primeiro exercicio, exame tipo test.
2. Segundo exercicio, exame oral.
3. Terceiro exercicio, exame práctico.
A presentación da instancia deberá facerse por medios electrónicos.
O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da data de publicación desta convocatoria no Boletín Oficial do Estado.
Podes ver a resolución completa PREMENDO AQUÍ
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal