
LETRADOS E LETRADAS ESTABILIZACIÓN CONCURSO OPOSICIÓN OPE 2022 FASE DE CONCURSO
Nota informativa do Ministerio de 21 de marzo de 2024
FASE DE CONCURSO: Os méritos indicados no anexo IV da convocatoria, serán presentados polo medio electrónico habilitado cuxo acceso a través dunha URL indicarase nos próximos días a través da publicación da correspondente Orde Ministerial.
Para o acceso será necesario que indique o número de xustificante de inscrición ao proceso selectivo (modelo 790) e o número do DNI.
Estímase que o prazo de presentación iniciarase a mediados do mes de abril.
Os méritos computables serán os causados ata a data de finalización do prazo de presentación de solicitudes, 30 de xaneiro de 2023.
Os servizos prestados na Administración de Xustiza, no ámbito do Ministerio de Xustiza, achegaranse de oficio. A persoa aspirante, cando alegue como méritos tempo de servizos como persoal substituto ou funcionario ao servizo da Administración de Xustiza noutro ou outros ámbitos territoriais deberá achegar certificación do organismo correspondente no que conste a experiencia que posúa, dividida por corpos.
A superación de exercicios en procesos selectivos anteriores no corpo de LAJ e na carreira xudicial nas últimas cinco convocatorias, serán facilitados de oficio pola administración.
Para resolver calquera dúbida ou aclaración, dirixila ao correo seleccion.laj@mjusticia.es.
Segue a convocatoria AQUÍ
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal