LISTAXES PROVISIONAIS DE ACCIÓN SOCIAL 2025

Luns, 08 Set 2025

No día de hoxe mantivemos reunión coa DXX a cal nos remitiu os datos das listaxes provisionais das solicitudes de admitidas e excluídas correspondentes ás axudas do Fondo Social de Acción Social deste ano 2024.

Os datos facilitados pola DXX son os seguintes:

  • Número total de solicitudes presentadas: 147
  • Número total de beneficiarias/os: 161 beneficiarios, sendo 133 simples e 14 dobres.
  • Solicitudes admitidas provisionalmente: 135 que corresponden a 148 beneficiarios/as
  • Solicitudes excluídas provisionalmente: 12 que corresponden a 13 beneficiarios/as

A DXX infórmanos de que enviarán a documentación para a súa publicación no DOG, pero aínda non se sabe cando será publicado. O prazo para presentar alegacións as listas provisionais sempre soe ser de 10 días hábiles a contar dende o día seguinte a publicación.

Para consultar individualmente o estado das solicitudes hai que entrar en OPAX (http://opax.xunta.es)

A data de pagamento aínda non se sabe.

A CIG lamenta que sigamos a ter unha partida orzamentaria exactamente igual desde o ano 2020 cando a carestía da vida cada vez é maior, a suba do IPC nestes últimos 4 anos. Para a elaboración do programa de Acción Social é necesario o incremento do orzamento do Fondo de Acción Social até alcanzar o 1% da masa salarial, xa que o actual é totalmente insuficiente e non permite a creación de novos programas de actuación.


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal