LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS CONCURSO DE MÉRITOS M.FORENSES - PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Convocatoria Orde PJC/1356/2024 de 19 de novembro
Martes, 11 Feb 2025

Na páxina web do Ministerio de Xustiza e no BOE do 11 de febreiro publicouse a Orde PJC/127/2025, do 4 de febreiro, pola que se comunica a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e se nomea o Tribunal cualificador do proceso selectivo extraordinario para acceso, pola quenda libre, no sistema selectivo de concurso de méritos, reservado a persoas con discapacidade, convocado por la Orde PJC/1356/2024, do 19 de novembro.

En todo caso, ao obxecto de evitar erros e, no suposto de producirse, posibilitar a súa corrección en tempo e forma, as persoas aspirantes deberán comprobar non só que non figuran na relación de persoas excluídas, senón tamén, que os seus nomes e demais datos constan correctamente na relación de persoas admitidas.

As persoas aspirantes excluídas e as omitidas por non figurar nestas listas, dispoñerán dun prazo de DEZ DÍAS HÁBILES, contados a partir do seguinte á publicación desta resolución no «Boletín Oficial do Estado», para emendar os defectos que motivasen a súa inadmisión ou omisión simultánea que, no seu caso, dará orixe á oportuna rectificación da lista de admitidos.

A corrección da solicitude ou, no seu caso, a modificación dos datos da mesma deberá realizarse en liña a través da aplicación de Inscrición en Probas Selectivas (IPS) do Punto de Acceso Xeral https://ips.redsara.es/IPSC/secure/buscarConvocatoriasSubsanar#convocatoriasSbubRef

Listaxe provisional de admitidos e excluídos:

https://www.mjusticia.gob.es/es/Ciudadano/EmpleoPublico/Documents/Relaci%C3%B3n%20provisional%20adm.%20y%20excl._MMFF1356.pdf


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal