
LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E EXCLUIDOS QUENDA LIBRE M.FORENSES

Publicouse na páxina web do Ministerio de Xustiza e no BOE do 05/03/2025 a Orde PJC/204/2025, do 25 de febreiro, pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas, noméase Tribunal cualificador único e anúnciase data, hora e lugar de celebración do proceso selectivo para ingreso, polo sistema xeral de acceso libre, mediante oposición, no Corpo Nacional de Médicos Forenses, convocado por Orde PJC/1446/2024, do 10 de decembro.
As listas certificadas completas quedarán expostas ao público na páxina web do Ministerio da Presidencia, Xustiza e Relacións coas Corte, nas páxinas web das Comunidades Autónomas que convoquen prazas, e no punto de acceso xeral (www.administracion.gob.es). En todo caso, as persoas aspirantes deberán comprobar non só que non figuran na relación de excluídas senón, tamén, que os seus nomes e demais datos constan correctamente na relación de admitidas.
Tanto as persoas aspirantes excluídas como as omitidas por non figurar nas listas de admitidas nin na de excluídas, poderán emendar os defectos que motivasen a súa exclusión ou a súa omisión nas listas, no prazo de DEZ DÍAS HÁBILES, contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde no «Boletín Oficial do Estado». A corrección da solicitude ou, no seu caso, a modificación dos datos da mesma, deberá realizarse en liña a través da aplicación de Inscrición en Probas Selectivas (IPS) do Punto de Acceso Xeral https://ips.redsara.es/IPSC/secure/
buscarConvocatoriasSubsanar#convocatoriasSubRef
Ligazón listaxe de admitidos e excluídos:
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal