MÉDICOS FORENSES CONCURSO OPOSICIÓN LUGAR E DATA DA REALIZACIÓN DO PRIMEIRO EXERCICIO

Resolución publicada no BOE de 4 de marzo de 2024
Luns, 04 Mar 2024

Orde PJC/194/2024, do 26 de febreiro, pola que se anuncia data, hora e lugar de celebración do primeiro exercicio do proceso selectivo extraordinario para acceso pola quenda libre, polo sistema de concurso oposición, no Corpo Nacional de Médicos Forenses, convocado por Orde JUS/1326/2022, do 28 de decembro.

Aprobada a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para acceso, pola quenda libre, polo sistema selectivo de concurso oposición, no Corpo Nacional de Médicos Forenses, convócase as persoas aspirantes para a realización do primeiro exercicio que terá lugar o próximo sábado, 13 de abril, as 10:30 horas no Centro de Estudios Xurídicos da Universidade Complutense de Madrid, rúa Juan Rosal 2, Moncloa-Aravaca, Madrid.

Todas as persoas aspirantes deberán presentar para a súa identificación o seu documento nacional de identidade ou pasaporte, e ir provistas de bolígrafo negro ou azul. Non se permitirá o acceso de teléfonos móbiles nin outros dispositivos electrónicos ás aulas ou locais onde se celebren as probas.

Se queres ver a resolución completa preme na ligazón  PREME AQUÍ


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal