MÉDICOS FORENSES ESTABILIZACIÓN CONCURSO FASE DE MÉRITOS

Resolución do TCU de 11 de xaneiro de 2024
Venres, 12 Xan 2024

ACORDO DE 11 DE XANEIRO DE 2024 DO TRIBUNAL CUALIFICADOR ÚNICO DO PROCESO SELECTIVO PARA INGRESO, POLO SISTEMA XERAL DE ACCESO LIBRE, POLO SISTEMA SELECTIVO DE CONCURSO, NO CORPO ESPECIAL DE MÉDICOS FORENSES (Orde JUS/1325/2022, do 28 de decembro).

Conforme ao disposto na base 6.1 da convocatoria comenza a fase de concurso na que se valorarán os méritos que se detallan no baremo contido no Anexo II-A da Orde de convocatoria.

Computaranse os méritos obtidos ata a data de finalización do prazo de presentación de solicitudes (30 de xaneiro de 2023 incluído).

Establécese un prazo de vinte días hábiles, contados a partir do 15 de xaneiro de 2024, para presentar a documentación acreditativa dos méritos indicados no apartado B (Historial Profesional, apartados B-1 e B-2) do baremo contido no citado Anexo.

Os demais méritos aos que se refiren os apartados A, C e D, incorporaranse de oficio polo Ministerio de Xustiza ao expediente dos opositores.

O prazo de presentación destes méritos comprenderá dende o 15 de xaneiro ao 9 de febreiro, ambos os dous incluídos. Fóra dese prazo non se admitirá a achega de documentos sobre estes méritos.

A achega realizarase exclusivamente de forma telemática nun aplicativo ao que terán acceso os opositores:

https://pubwebseal.justicia.es/sap/public/sap/bc/webdynpro/sap/zasistente_co_gta_acceso#

O Manual de instrucións para a presentación dos devanditos méritos, así como a ligazón ao aplicativo informático asistente para a achega telemática dos mesmos, publicaranse na páxina web do Ministerio de Xustiza.

Unha vez incorporados os datos de oficio e revisados os méritos alegados polos opositores, o Tribunal publicará na páxina web a valoración provisional de méritos da fase de concurso, con indicación da puntuación obtida en cada apartado e da puntuación total, e abrirase un prazo de dez días hábiles para efectuar as alegacións pertinentes, na forma que se indicará nese momento.

Para máis información preme nas ligazóns:

Acordo Tribunal Cualificador Único

Manual aportación méritos


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal