MELLORAS NA NEGOCIACIÓN DO COMPLEMENTO ESPECÍFICO

Martes, 25 Mar 2025

A presión sindical fai que a reunión da mesa comece con un único punto da orde do dia, a negociación do CAT.

Á reunión non asistiu o Conselleiro de Xustiza, se ben a Dirección Xeral propuxo unha oferta sobre o CAT.

A presión sindical na Mesa forzou ao director xeral a incrementar a cantidade inicial irrisoria ata a contía de 200€ mensuais de media para cada corpo a catro anos.

Tras varios intentos de acercamento, nos que os sindicatos insistimos que o pagamento debería ser como moito en tres anos e comezar no 2025, conseguimos que a Dirección Xeral de Xustiza mellorase a contía ata os 214 € mensuais e acurtara o prazo a pagar a tres anos (33,33% cada ano).

Porén as sete organizacións sindicais consideran insuficiente ditas porcentaxes, dado o retraso que levamos respecto doutros territorios, que moitos levan cobrando dende o ano 2024.

As Organizacións Sindicais propuxemos unha contraoferta de 225 euros que fose a tres anos comezando o último trimestre de 2025 cunha porcentaxe do 33% por ano, ou ben a dous anos empezando en 2026 cunha porcentaxe de o 60% o primeiro ano e o 40% o segundo.

Comunicada a contraoferta, a DXX quedou en facer as consultas oportunas e convocarnos nos vindeiros días.

Compostela, 24 de marzo de 2025


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal