
MESA CO MINISTERIO SOBRE AS OPES DE 2022 E 2023
LETRADOS/AS: O Ministerio remitiu un borrador para a convocatoria só da OPE de 2022 pois a do 2023 está recorrida por dúas organizacións profesionais e suspendida provisionalmente a súa execución polo Supremo. Polo tanto o Ministerio non vai proceder a esa convocatoria de prazas mentres non se resolva xudicialmente esa cuestión.
E todo porque, por motivos electoralistas, Función Pública ofertou a promoción interna máis prazas das que a LOPX establece. O mesmo organismo que limita dende hai anos e impide que polo menos o 30% sexa sobre o total de vacantes e non sobre a quenda libre, por cuestións electorais permitiu que se ofertaran o 50% sen ter modificada a LOPX, o que deu lugar a un recurso xudicial e a suspensión cautelar da convocatoria. Polo tanto, de poder haber unha convocatoria conxunta de 398 prazas pasa a haber só unha de 144 pertencente á OPE de 2022.
Todo isto a quen prexudica, como sempre, é aos/ás opositores/as, non só polo escaso número de prazas senón porque a reserva de nota nesas condicións perde toda a súa efectividade.
En canto ao exercicio oral volvemos pedir a súa supresión, máxime cando en novembro de 2022 a Administración asinou un Acordo de mesa xeral de negociación, que si respecta nos procesos selectivos de corpos xerais, no que se establece que os exames orais serán só para cando resulte imprescindible para o desenvolvemento das funcións propias do corpo, cousa que non sucede no caso dos/as LLAX. De feito xa hai algún acceso por promoción interna a corpos A1 de AXE cun só exercicio tipo TEST, unha fase de concurso e un curso práctico.
Subsidiariamente, no caso de querer manterse un segundo exercicio, este debería ser eminentemente práctico e escrito.
Tamén solicitamos algunhas modificacións do temario tendo en conta as novas competencias do corpo como Encargad@s do Rexistro Civil e a reforma da Lei 16/22 da Lei Concursal.
CORPOS XERAIS, OPE 2023, QUENDA LIBRE:
O borrador facilitado polo Ministerio contempla a posibilidade de que se convoquen os exercicios dos tres corpos o mesmo día. Ao parecer é unha esixencia de Función Pública coa que o Ministerio está de acordo para limitar o número de excedencias e a porcentaxe de interin@s. Vai estudar a posibilidade de convocar os tres corpos de xeito que o proceso de xestión estea rematado antes de comezar os outros ( e o mesmo o de tramitación con respeto ao de auxilio) para intentar evitar que alguén que teña aprobado se presente aos exames doutros corpos inferiores.
O Ministerio ve factible ampliar o tempo facilitado para a realización dos exames pero non incluír supostos para a realización do exame de incidencias máis aló do embarazo de risco e o parto.
Solicitamos asi mesmo que na proba adicional que se fará no caso de que queden prazas sen cubrir a nota final sexa a suma desta proba máis a dos exercicios anteriores, sendo unha proposta ben acollida polo Ministerio.
CORPOS XERAIS, OPES 22 E 23, PROMOCIÓN INTERNA:
As principais novidades coas convocatorias anteriores son:
- vaise suprimir a reserva de nota polas múltiples incidencias e desaxustes que ocasiona
- esixirase sempre o 50% para a superación dos exercicios
- múdase a ponderación dos méritos na fase de concurso, valorando máis a antigüidade e os cursos e menos os estudos universitarios.
- non se vai valorar ter feito substitucións no corpo ao que se pretende acceder. A CIG manifestou o seu fondo rexeitamento a esta medida por incomprensible, pero no Ministerio veno como unha medida moi axustada intentando que a posibilidade de facer substitucións (que non é a mesma en toda España) non sexa un factor discriminatorio á hora de acceder á promoción profesional.
- tamén eliminan a valoración dos exames aprobados en aplicación dos criterios do Acordo de Mesa Xeral de negociación de AXE de novembro de 2022.
A CIG solicitou a eliminación do exame teórico de WORD por considerar que non está moi xustificado.
En canto aos corpos especiais, accederon a ampliar o tempo a 100 minutos o primeiro exercicio e a 90 o segundo, así como reducir o número de preguntas no de auxiliares de laboratorio.
Outras informacións:
- Seguen a ter problemas coa aplicación informática dos méritos de xestión, promoción interna, do 2021, polo que aínda non saben cando sairán as notas definitivas. Un verdadeiro despropósito.
- Isto supón que mentres non se oferten as prazas a promoción interna tampouco se lles ofrecerán aos de libre (que no caso de tramitación están pendentes da nota e no de xestión da realización do terceiro exercicio).
- Sobre a adxudicación de destino ás persoas que aprobaron auxilio, espera poder dicirnos algo en breve.
- En canto ao teletraballo, o Director manifesta que foi unha decisión tomada polas “altas instancias” do Ministerio, non pola Dirección Xeral e polo tanto que o que sabe é que se regulará o teletraballo cando se poidan aprobar Reais Decretos, que será cando haxa Goberno.
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal