MESA DE FORMACIÓN 18-11-2024

Luns, 18 Nov 2024

Hoxe tivo lugar mediante videoconferencia a Mesa de Formación na que se tratou a  planificación do programa específico de formación continua da EGAP do ano 2025 para o persoal ao servizo da Administración de Xustiza en Galiza.

Por parte da CIG, fixemos as seguintes propostas:

  1. En primeiro lugar manifestamos que hai unha carencia no número de prazas que se ofertan para os cursos de linguaxe xurídica galega:
  • Curso superior de linguaxe xurídica galega: no 2024 ofrecéronse as mesmas prazas que no 2023 (25 prazas, 1 edición). A demanda deste curso no 2023 era de 5,64 e no 2024 aumenta a 5,92. Aumentando a demanda cada ano que pasa deixa claro que é preciso un maior número de prazas para este curso.
  • Curso medio de linguaxe xurídica galega (para fóra de Galiza): no 2024 ofrecéronse as mesmas prazas que no 2023 (25 prazas, 1 edición). A demanda deste curso no 2023 era de 2,92 e no 2024 é de 3,08. A demanda aumenta cada ano, polo que é preciso que se aumenten o número de prazas para este curso.
  • En canto aos cursos medio de linguaxe xurídica galega e superior de linguaxe xurídica galega (para fóra de Galiza) as prazas que se ofrecen non chegan para cubrir a cantidade de solicitudes que hai, polo que é necesario un aumento das mesmas.

 

  1. É preciso formación sobre Prevención de Riscos Laborais. A CIG non comprende como se eliminou este curso o ano pasado, xa que é fundamental para o traballo. É algo básico na actividade laboral xa que protexe a seguridade e saúde dos e das traballadoras nos seus lugares de traballo, garantizando un ambiente laboral seguro e saudábel. Polo que non consideramos axeitado que por ter unha baixa demanda o ano pasado se elimine a posibilidade de realizar este curso, ademais de que é obrigatorio realizalo para ser Delegada/o de Prevención.

 

  1. Tamén consideramos importante que se imparta formación sobre Primeiros Auxilios (uso de desfibriladores, simulacros contra incendios)

 

  1. Necesítanse cursos sobre Acoso Laboral. E sobre Medidas Preventivas e Actuacións fronte ao acoso e as violencias sexuais e psicolóxicas no traballo.

 

  1. Un curso práctico e presencial sobre a aplicación DICIREG, exclusivamente. O curso que contempla a EGAP é “O novo Rexistro Civil”. Evolución Histórica. Situación Actual. A nova aplicación DICIREG”. Mas o que precisa o persoal funcionario que se atopa nos rexistros civis en Galiza é unha formación práctica sobre esta aplicación, porque como xa trasladamos a DXX fai unhas semanas, hai unha carencia de formación no persoal que traballa nos rexistros das vilas e xulgados de paz, xa que a formación presencial que recibiron no seu momento sobre DICIREG foi de tan só 30horas.

 

  1. A importancia dun curso sobre a Lei Orgánica que está en tramitación no Senado, de Eficiencia do Servizo Público de Xustiza. Sobre os cambios que suporá esta lei coa creación dos tribunais de instancia e demáis cambios que implica.

 

  1. Parécenos importante que haxa un curso sobre Linguaxe de signos, xa que hai unha parte da sociedade que se comunica de este xeito e é preciso ter persoal formado niso.

 

  1. Un curso presencial do manexo de equipos informáticos con cisco Webex.
  2. Cursos sobre as ferramentas informáticas, que usamos a diario, ademais de teleformación que sexan presenciais, podéndose facer nas salas da Xunta de formación.

 

  1. Formación específica para o persoal que atende as vítimas de violencia machista. Para que haxa un contorno e tratamento adecuado e non se produza unha dobre victimización.

 

E, por último, quixemos recalcar a importancia de que certos cursos deberían ser presenciais e non todos en liña.

Na reunión abordouse a problemática que levamos arrastrando anos, a carencia do número de prazas e edicións nos cursos de galego tanto para traballadoras/es de Galiza como para os/as que están fora. A DXX manifesta que é consciente deste problema e que está traballando no aumento de prazas e edicións dos cursos de linguaxe xurídica galega, coa EGAP e con Política Lingüística. Hoxe a DXX ten unha mesa de traballo coa EGAP para tratar este tema e comunícannos que o aumento das prazas destes cursos é previsible.

En canto a DICIREG a DXX manifesta que é unha formación concreta dentro do Plan Formativo da EGAP, e que está combinado coas actividades de capacitación e autoformación presencial e en liña que se realizan a través de AMTEGA.

A DXX propón que naqueles cursos que a taxa de demanda sexa igual ou superior a 2 que se aumente unha edición máis. Non van eliminar os cursos que teñan unha taxa de demanda inferior a 2. Tamén valoran crear cursos sobre novas reformas lexislativas como a Lei Orgánica sobre o dereito á defensa e da nova oficina xudicial que xurde coa aprobación da LO de Eficiencia do Servizo Público de Xustiza.

Os cursos dirixidos ao persoal profesional que presta servizo no IMELGA serán mixtos ou semipresenciais.

As OOSS enviaremos por escrito as alegacións para que sexan analizadas pola DXX e nuns días nos trasladaran por escrito a proposta de plan formativo para o vindeiro curso 2025. Tamén nos comunicaron que nos enviarán o presuposto total co que contan para ás actividades formativas


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal