
MESA SECTORIAL DA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA EN MADRID 10/01/2024

No día de hoxe asistimos á Mesa Sectorial da Administración de Xustiza en Madrid xunto coas OOSS ELA, CSIF, STAJ, CCOO e UXT. A orde do día consistiu na constitución dos grupos de traballo para:
- analizar o impacto das novas leis de eficiencia no traballo que realizan os funcionarios nos corpos xerais e especiais da Administración de Xustiza a que se refire a disposición adicional novena, Personal dos Corpos Xerais y Especiais da Administración de Xustiza do Real Decreto-Lei, 6/2023, de 19 de decembro.
- determinar o contido reglamentario básico do teletraballo
- crear unha calendarización das reunións dos grupos de traballo
Comezou a reunión Sofía Puente, Secretaria Xeral de Innovación e Calidade do Servizo Público de Xustiza, manifestando que desde o Ministerio teñen vontade de poñerse en marcha creando un grupo de traballo, marcando o seguinte calendario: martes 16 e xoves 18, martes 23 e xoves 25 e última reunión na que se concluirá en principio o grupo de traballo mércores 31. Neste grupo de traballo a idea do Ministerio é negociar e debater sobre o impacto que produce a LOEO nas funcións das/os traballadoras/es da Administración de Xustiza e o desenvolvemento da Administración, así como, a regulación do teletraballo. Desde a CIG como desde o resto de ooss alí presentes, manifestámonos profundamente críticas co Ministerio por non contemplar na negociación deste grupo de traballo a cuestión das retribucións debendo ser inherente a eses cambios que vai producir a LOEO. Para a CIG as cuestións primordiais que se deben negociar son:
- O inmediato recoñecemento laboral e retributivo das funcións que realizamos o persoal funcionario nos xulgados e tribunais mediante a adecuación do complemento xeral do posto en idéntica proporción que ao corpo de LAXs.
- Urxente regulación e reinstauración do teletraballo para o persoal funcionario da Administración de Xustiza
- Lei Orgánica de Eficiencia Organizativa: garantía do mantemento de todos os postos de traballo na súa localización actual
- Rexistro Civil: negociación das RPTs con cadros de persoal suficiente en todas as oficinas do País.
Desde a CIG esiximos un compromiso real de que o camiño que imos comezar con este grupo de traballo vai concluír nunha mesa sectorial na que negociemos a subida das retribucións para todo o persoal funcionario da Administración de Xustiza. Agardamos que este Ministerio sexa coherente despois das palabras expresadas fai unhas semanas polo Ministro de Xustiza Bolaños coas que aseguraba que se ía negociar esa subida retributiva.
En relación a negociación do teletraballo, a idea do Ministerio é crear un marco xeral que establezca unhas normas básicas e logo cada comunidade autónoma con competencias transferidas perfilen ese marco xeral.
Por outra banda, preguntamos polo estado do concurso de traslados xa que a 10 de xaneiro non temos nin as listas provisionais e a resposta a isto é que segue o seu camiño e que contan posiblemente con ter a resolución esta semana, proximamente darán data concreta na que sairá. Mostrámos o noso rexeitamento coa maneira que ten de levar cuestións tan relevantes para as traballadoras/es da Admnistración de Xustiza, é un completo despropósito que cada ano o concurso de traslados se resolva cada vez máis tarde.
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal