MESA SECTORIAL MADRID 7 DE MARZO DE 2024

Mesa celebrada na sede do Ministerio da Presdencia, Xustiza e Relacións coas Cortes
Xoves, 07 Mar 2024

A CIG ven de asistir á Mesa Sectorial que se celebrou no día de hoxe en Madrid. A finalidade desta Mesa Sectorial era darlle traslado do que se tratou na Conferencia Sectorial ás organizacións sindicais e ver se finalmente o Ministerio traía unha proposta de subida salarial no complemento xeral do posto. A realidade foi que por parte do Ministerio seguen obcecados/as en que esa subida salarial só se vai dar no complemento específico do persoal do seu ámbito, deixando fóra polo tanto ao persoal de Galiza. A intención do Ministerio é convocar Mesa Delegada para o día 21 de marzo, á que levarían unha proposta económica concreta para o ámbito Ministerio. Por outra parte, o Ministerio tamén recalcou que manteria aberta a Conferencia Sectorial para seguir a negociar coas Comunidades Autónomas para que se responsabilicen e suban o complemento específico. Tamén se manterá aberta a Mesa Sectorial coas organizacións sindicais.

Para a CIG todo isto é un completo despropósito; desde que nos sentamos a negociar deixamos moi clara a nosa postura, e só aceptaremos unha subida salarial no complemento xeral do posto. Lembremos que en Galiza estamos condicionadas ao acordo da cláusula de revisión do complemento específico que algúns sindicatos asinaron no seu momento.

Unha vez que nos enteramos de que na Conferencia Sectorial se creou un grupo de traballo coa finalidade de fixar as condicións do teletraballo máis alá das acordadas entre as organizacións sindicais e o Ministerio, a CIG esixiu a renegociación do documento elaborado na Mesa Sectorial, porque se quedara en que a regulación era a dun marco básico pero agora coas Comunudades Autónomas queren fixar porcentaxes de persoal mínimas, número días que se permitiría teletraballar.. etc


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal