
MESA SECTORIAL MADRID: LOEO - CONCURSO TRASLADOS - OPOSICIÓNS - CONCURSO DE MÉRITOS

Este xoves 24 de outubro celebrouse en Madrid a mesa sectorial da Administración de Xustiza, na que se falou das seguintes cuestións:
1) Contan con publicar no BOE as novas convocatorias dos procesos selectivos de 2024 antes dun mes. O Ministerio concretounos que houbera un erro nas prazas que se ian convocar en Galiza na quenda libre do corpo de Auxilio, pasando a ser 50 prazas en total, repartidas entre 45 do acceso xeral e 5 do acceso de persoas con discapacidade.
2) O 14 de novembro vai ao congreso a nova Lei Orgánica de Eficiencia Organizativa (LOEO).
3) Para a semana que ven contan con publicar as listaxes definitivas de estabilización do concurso de méritos dos corpos de Xestión e Auxilio. As de Xestión da Comunidade de Madrid non estarán ainda dispoñibles. Así mesmo contan que en decembro xa poidan tomar posesión
Segundo confirmou o Ministerio, o 54% das prazas de Xestión deste proceso selectivo serán ocupadas por titulares do corpo de Tramitación.
4) O concurso de traslados está pendente neste momento da aprobación das prazas de nova creación que presentou a Comunidade de Madrid, polo que en dúas semanas contan con que se publique xa dito concurso.
4) As prazas que se ofertan de novo para persoas con discapacidade son prazas BIS a maiores, que se crearán de novo naqueles órganos que elas pidan e que por puntuación lle corresponda. Cando neses órganos se xubile alguén ou se mude en concurso serán amortizadas.
5) O terceiro exame de xestión segue sendo escrito, con espazo limitado para escribir e vanse concretar moito máis os temas que entran.
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal