NO BOE DE HOXE 8 DE FEBREIRO PUBLICASE A APROBACIÓN DO INCREMENTO RETRIBUTIVO DO 0.5 % E AS INSTRUCIÓNS SOBRE O PAGO

Resolucións publicadas no BOE de 8 de febreiro de 2024
Xoves, 08 Feb 2024

Resolución do 7 de febreiro de 2024, da Secretaría de Estado de Orzamentos e Gastos, pola que se publica o Acordo do Consello de Ministros do 6 de febreiro de 2024, polo que se aproba o incremento do 0,5 por cento nas retribucións do persoal ao servizo do sector público en aplicación do previsto no artigo 19.Dous.2.b) da Lei 31/2022, do 23 de decembro, de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2023.

Resolución do 7 de febreiro de 2024, da Secretaría de Estado de Orzamentos e Gastos, pola que se ditan instrucións sobre o pago ao persoal do Sector Público Estatal do incremento retributivo complementario do 0,5 por cento vinculado á evolución do PIB previsto no artigo 19.Dous.2.b) da Lei 31/2022, do 23 de decembro, de Orzamentos Xerais do Estado para o ano 2023.

O incremento complementario do 0,5 por cento calcularase sobre as retribucións vixentes ao 31 de decembro de 2022, terá efectos do 1 de xaneiro de 2023.

No ámbito Ministerio prevese facer o pagamento na nómina do mes de febreiro de 2024. En Galiza ainda a Xunta non informou de cando pensa facer o pagamento.

Podes acceder as resolucións premendo nas seguintes ligazóns:

ACORDO CONSELLO DE MINISTROS

RESOLUCIÓN INSTRUCIÓNS SOBRE O PAGAMENTO


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal