
NOTA INFORMATIVA CELEBRACIÓN CURSO SELECTIVO M.FORENSES - ÁMBITO MINISTERIO

Publicouse na páxina web do Ministerio de Xustiza unha nota informativa sobre a próxima celebración do curso selectivo de M.Forenses do ÁMBITO MINISTERIO que superaron os respectivos exames da convocatoria publicada pola Orde PJC/94/2024, de 31 de xaneiro.
Prevese o seu inicio o 10 de marzo e a súa finalización o 15 de xuño de 2025.
-A fase teórico-práctica desenvolverase en formato presencial, previsiblemente do 10 ao 28 de marzo de 2025 nas instalacións do Centro de Estudos Xurídicos. O horario será con carácter xeral de 9:00 a 15:00 horas.
- A fase de prácticas tuteladas desenvolverase, previsiblemente, do 31 de marzo ao 6 de xuño de 2025 e supoñerá a incorporación do persoal funcionario en prácticas a Institutos de Medicina Legal e Ciencias Forenses ou centros designados baixo a dirección dun equipo titorial. Da fase de prácticas tuteladas estarán exentas aquelas persoas previstas na citada convocatoria.
As datas e formatos aquí indicados son meras previsións, suxeitas en calquera caso á aprobación definitiva do plan docente.
Para máis información preme na ligazón:
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal