
NOTA INFORMATIVA MESA SECTORIAL GALIZA 23-05-2024

Hoxe tivo lugar en Santiago de Compostela a mesa sectorial de Galiza, na que se trataron os seguintes temas:
CREACIÓN DE NOVOS ÓRGANOS NO 2024
A Comisión mixta da Sala de Goberno propuxo a creación de 15 novos órganos:
- Xdo. Violencia de Compostela (comarcalizado)
- Xdo Instancia Ourense
- Praza de maxistrada/o da Sección 4º da Audiencia de A Coruña
- Xdo. Mixto Viveiro
- Praza de maxistrada/o na Sección Penal Audiencia Pontevedra
- Xdo. Mixto Vilagarcía
- Xdo. Contencioso Compostela
- Xdo. Instancia Vigo
- Praza de maxistrada/o para Sala do Social do TSXG
- Xdo. Instancia de Pontevedra
- Xdo. Mixto Ribeira
- Xdo. Mixto Carballo
- Xdo. Instancia A Coruña
- Xdo. Penal Ourense
- Xdo. Social Ferrol.
REGULAMENTACIÓN DE PERMISOS
A Dirección Xeral presentou unha nova regulamentación de permisos e licenzas con algunha achega nova. A CIG fará alegacións nas que solicitará, entre outras cousas, que se contemplen tamén aqueles novos permisos que se están a negociar na mesa do Ministerio para o corpo de letrados/as, como o prazo posesorio cando se cesa nunha comisión de servizos, os días de libranza por días festivos na garda ou por substitucións obrigatorias non retribuídas (no caso de que non se eliminen, como nós levamos tempo propoñendo).
REGULAMENTACIÓN DE PERSOAL INTERINO
A proposta da Dirección Xeral dunha nova Orde de interinos, que muda o modelo actual, vai ser obxecto tamén de alegacións polas OOSS, pero será analizada en profundidade en mesas de traballo, como solicitou a CIG, polo que resulta precipitado dar polo de agora nada por feito.
O cambio na xestión das subsitucións e a axilización das exclusións son para nós imprescindibles para o mellor funcionamento das bolsas, e de cara ao futuro apostamos por seguir valorando os cursos de formación e a titulación informática. Tamén solicitamos que se contemple a adaptación da idade de xubilación á contemplada en cada momento na Lei de Réxime de Seguridade Social.
ROGOS E PREGUNTAS
- As tomas de posesión do persoal aprobado no corpo de xestión, quenda libre, serán despois do verán; en Galiza non hai sufientes prazas desertas para ofertar así que a Dirección Xeral está analizando que algunhas sexan en adscrición provisional (concretamente 18, que actualmente están ocupadas por persoal interino).
POR PARTE DA CIG
- Queixas pola formación impartida en DICIREG e do persoal sen experiencia.
- Sobre teletraballo, a Dirección Xeral está a traballar no seo da Conferencia Sectorial nun documento de mínimos, pero non pensa desenvolver nada ata que o faga Madrid.
- Solicitamos que se reconsideren os criterios de cesamento cando hai modificacións nas comisións de servizo, mais a Administración non está aberta a cambios.
- Preguntada polas contías de acción social, a resposta foi que o orzamento está conxelado por mor da Lei 1/2012.
- Sobre o recoñecemento e pagamento das solicitudes de traxectoria recentemente presentadas, ainda non poden dar datas.
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal