NOTA INFORMATIVA SOBRE SOLICITUDES DA TRAXECTORIA PROFESIONAL

FUNCIONARI@S QUE TOMEN POSESIÓN NO CONCURSO DE TRASLADOS 0 20 E 21 DE MAIO
Mércores, 08 Mai 2024

NOTA INFORMATIVA SOLICITUDE TRAXECTORIA PROFESIONAL CONCURSO DE TRASLADOS

Aquelas persoas que tomen posesión os días 20 e 21 de maio no ámbito da comunidade autónoma de Galicia como consecuencia da Resolución do 24 de abril de 2024 da Dirección Xeral de Xustiza da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, pola que se resolve definitivamente o concurso de traslados ordinario para prazas vacantes entre persoal funcionario dos corpos e escalas de xestión procesual e administrativa, tramitación procesual e administrativa e auxilio xudicial da Administración de xustiza, anunciado pola Resolución do 27 de setembro de 2023, poderán solicitar a traxectoria profesional a través da OPAX unha vez conste a súa toma de posesión na Dirección Xeral de Xustiza.

O acceso a OPAX da persoa funcionaria para presentar a solicitude realizarase das seguintes formas:

- Se dispoñen de certificado persoal/DNI electrónico poderán facer uso do “Acceso con certificado”.

- No caso de aquelas persoas que non dispoñan de certificado persoal/DNI pero das cales consta unha dirección de correo electrónico no seu expediente na Dirección Xeral de Xustiza, deberán solicitar unha contrasinal no apartado habilitado na pantalla de acceso de OPAX. O sistema enviaralles instrucións á dirección de correo electrónico.

- No caso de aquelas persoas que non dispoñan de certificado persoal/DNI e das que non conste unha dirección de correo electrónico, deberán realizar un incidente no acceso habilitado na pantalla de acceso de OPAX.


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal