NOTAS INFORMATIVAS SOBRE OS PROCESOS SELECTIVOS
Publicouse na páxina web do Ministerio de Xustiza notas informativas sobre os seguintes procesos selectivos:
XESTIÓN PROCESUAL E ADMINISTRATIVA
Proceso convocado pola Orde PJC/1435/2024
Proceso convocado pola Orde PJC/104/2024
AUXILIO XUDICIAL
Proceso de quenda libre convocado pola Orde PJC/1357/2024
Proceso de estabilización concurso de méritos convocado pola Orde JUS/1288/2022
As notas informativas veñen a explicar que o Tribunal Calificador Único (TCU) informa de que hai persoas que aparecen como aprobadas no proceso de Auxilio Xudicial da Orde PJC/1357/2024, pero que xa foron nomeadas funcionarias de carreira no proceso anterior (Orde JUS/1288/2022) e aínda están pendentes de tomar posesión.
O TCU aclara que non ten competencia para excluílas directamente da lista de aprobados. Porén, pide que, cando estas persoas tomen posesión a partir do 1 de setembro de 2026, envíen unha copia da toma de posesión ao correo do TCU.
Isto só deberán facelo as persoas que aparezan tamén na lista de aprobados da Orde PJC/1357/2024. Deberán indicar o seu nome e apelidos, o ámbito territorial e o proceso polo que tomaron posesión.
Unha vez recibida a documentación, o TCU comunicará a situación ao órgano competente, para que este determine as consecuencias que correspondan pola posible incompatibilidade entre ambos procesos.
En resumo: o TCU non vai excluír directamente a ninguén, pero cando unha persoa tome posesión como funcionaria no proceso JUS/1288/2022, comunicará o feito ao órgano competente se tamén figura como aprobada no PJC/1357/2024.
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal