
NOVA CONQUISTA DE DEREITOS NA ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

En setembro do ano pasado unha afiliada presentou reclamación administrativa á Dirección Xeral de Xustiza pola que reclamaba que se lle aboara o importe das gardas que, por atoparse de incapacidade temporal por risco no embarazo, así como de permiso de maternidade, non puido realizar e, en consecuencia, non lle foron aboadas.
A Direción Xeral de Xustiza desestima a reclamación por considerar que a retribución por gardas non é unha retribución fixa, senón que a súa contía varía, en función de si o servizo se presta ou non e do número de gardas que se realicen e, por tanto, trátase dun servizo que non pode ser realizado, e por tanto aboado, durante o período da IT por risco no embarazo ou do permiso de maternidade.
Esta resolución administrativa foi recorrida mediante recurso contencioso-administrativo, cuxa sentenza vén de gañar agora a CIG, resolvendo que efectivamente ten dereito a cobrar as gardas durante todo ese período porque a Administración está incorrendo nunha discriminación por razón de sexo. A IT é por risco no embarazo e está plenamente ligado a consecuencia de ser muller, o Xulgado do Contencioso manifesta que a igualdade de trato entre sexos esixe que as modificacións dos postos de traballo adoptadas transitoriamente e durante o limitado período do embarazo, cando podan repercutir na prestación da xornada complementaria, non conleven unha disminución das retribucións estables da traballadora afectada, pois noutro caso, consolidaríase unha práctica aparentemente neutra, que pola contra, ocasiona un prexuízo exclusivamente vinculado coa situación de embarazo e, por tanto, coas mulleres, o que constituiría unha práctica de discriminiación indirecta por razón de sexo.
Así, o Tribunal emite o seguinte ditame: condena a DXX a aboar á actora os complementos salariais vinculados as gardas programadas e tamén as cantidades indebidamente deixadas de percibir polo período comprendido en IT por risco no embarazo até a finalizacióm do permiso de maternidade.
Finalmente, unha vez máis demóstrase que só mediante a autoorganización e o sindicalismo nacionalista e de clase é posíbel a conquista de dereitos das/os traballadoras/es.
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal