NOVA CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DA TRAXECTORIA PROFESIONAL GRAOS I, II E III
Este 2 de marzo abriuse o prazo para a solicitude da Traxectoria Profesional consonte ao establecido na Resolución do 30 de decembro de 2025, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 29 de decembro de 2025, polo que se aproba o acordo acadado o 2 de decembro de 2025 entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais SPJ-USO, STAJ, UGT e CC.OO. para a implantación do réxime extraordinario de acceso aos graos I, II e III do sistema transitorio extraordinario de recoñecemento da progresión na traxectoria profesional para o persoal ao servizo da Administración de xustiza en Galicia.
O prazo é de 30 días hábiles (ata o 15.04.2026) para todos os graos e para todos os corpos. O persoal solicitante deberá cubrir a súa solicitude a través do formulario electrónico dispoñible na OPAX (Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza), no enderezo web http://opax.xunta.es entrando na opción que indica "Traxectoria Profesional". Debe terse en conta que unha vez gravada a solicitude debe procederse a súa sinatura xa que, se non se fai este trámite, a solicitude quedará en borrador. Polo tanto, unha vez gravada a instancia debe de seleccionarse expresamete a mesma para proceder a súa sinatura co certificado dixital correspoondente.
As solicitudes estimadas terán efectos económicos do 1 de xaneiro de 2025, salvo o recoñecemento do grao III para o corpo de xestión procesual e administrativa e do corpo de medicina forense, que terá efectos económicos do 1 de xaneiro de 2026.
Para ver a resolución de convocatoria preme na ligazón:
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal