
NOVA CONVOCATORIA TRAXECTORIA PROFESIONAL

No DOG do 5 de abril publicouse a Resolución do 25 de marzo de 2024, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta do 8 de febreiro de 2024 polo que se aproba o acordo acadado o 17 de xaneiro entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais SPJ-USO, STAJ, AXG-CUT, UGT, CSIF e CCOO para a implantación do réxime extraordinario de acceso aos graos I e II do sistema transitorio extraordinario de recoñecemento da progresión na traxectoria profesional para o persoal ao servizo da Administración de Xustiza.
O acordo asinado non só mantén varias eivas senón que en varios aspectos é peor que o anterior, como por exemplo nas porcentaxes, que agora son do 33% o primeiro ano e o 66% o segundo, resultando así, en comparación, discriminatorio para a xente que agora o solicite. Non se recolleron ademais algunhas reivindicacións substanciais, como que a poidan solicitar todas as persoas que pertenzan ás bolsas de interinos/as, con independencia de que estean ou non a traballar, se cumpren cos requisitos de antigüidade e méritos, posto que co sistema asinado moitas delas poden non chegar a cobrala nunca se non están a traballar tanto na data de cumprimento dos méritos como na da apertura da convocatoria. Tampouco van poder solicitar o grao II aquelas persoas (titulares ou interinas) que no 2022 acadaron o Grao I, aínda que cumpran co resto dos requisitos. Para este sindicato estas son cuestións insalvables e polo tanto non puidemos aceptalas e, mantendo unha postura coherente, este sindicato non asinou o citado acordo que non mellora o anterior de 2022.
As solicitudes terán que presentarse a través da OPAX, e o prazo para facelo comezará a partir do luns 8 de abril de 2024 con 30 día hábiles de duración.
Para máis informacion PREME AQUÍ.
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal