NOVA REUNIÓN DO GRUPO DE TRABALLO DO MINISTERIO

A CIG estivo presente na reunión celebrada hoxe, 31 de xaneiro, en Madrid na sede do Ministerio
Mércores, 31 Xan 2024

Este mércores tivo lugar unha nova reunión do grupo de traballo do Ministerio para rematar de perfilar o documento que a Administración require para iniciar a negociación do recoñecemento e retribución das funcións dos corpos xerais e especiais derivadas do RD 6/23. Pero a última hora o Ministerio introduciu nel unha serie de conceptos e ideas que non estaban contempladas nos proxectos anteriores e que para varias organizacións sindicais, entre elas a CIG, no deben incluirse por seren obxecto dunha negociación posterior.  Por ese motivo houbo que programar unha nova reunión do grupo de traballo para o próximo día 7, que agardamos sexa a última antes da mesa sectorial, comprometéndose a Administración a traer un novo documento. A CIG solicitou que se eliminen esas novas referencias, se volte ao texto anterior que xa estaba case rematado e se remita a Facenda para que, canto antes, poidan empezar as negociacións con ela.

En canto ao teletraballo, o Ministerio informounos que na Conferencia sectorial que se celebrará coas CCAA o día 1 de marzo se tratará este tema, posto que estas queren ter un documento marco para todas. A idea é elaborar un proxecto neste grupo de traballo coas OOSS para levarllo ás CCAA e así que conte co maior consenso posible.

Sobre o teletraballo deslocalizado, o Ministerio aínda non nos puido explicar o que é, así que manifestamos que mantemos a nosa oposición.


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal