
NOVAS FIRMEZAS DE SENTENZA NO RECOÑECEMENTO DA TRAXECTORIA PROFESIONAL

Grazas ás múltiples demandas da CIG, dúas funcionarias interinas de Xustiza acaban de ver recoñecido o grao I da traxectoria profesional dende xaneiro de 2020. Isto tradúcese en:
- preto de 3.000 euros en atrasos.
- o recoñecemento do grao II dende xaneiro de 2022 ou o acceso nesta convocatoria de 2024, dependendo do caso.
- as cotizacións á Seguridade Social e desemprego de todas as cantidades deixadas de percibir.
- a porta aberta ao grao III para xaneiro do 2025.
Nestes días pasados o Tribunal Supremo ven de notificar a inadmisión a trámite dos recursos presentados pola Xunta de Galiza contra as sentenzas do TSXG. Son os primeiros autos ditados polo alto tribunal das múltiples reclamacións que están pendentes de recuso.
A Xunta de Galiza dilatou intencionadamente ata o final o recoñecemento deste dereito ao persoal interino, primeiro recorrendo ante o TSXG, e como este seguiu sen darlle a razón, quixeron que se pronunciarse o TS. Case catro anos despois a Xustiza pon fin a este despropósito da xestión de cartos públicos que a Xunta impoñía.
Coa firmeza destas dúas sentenzas recoñécese o dereito do persoal interino da Administración de Xustiza ao cobro desta retribución, tal e como xa avisamos que ocorrería. A intención da Xunta sempre foi exclusivamente dilatoria; non esquezamos que aínda temos a varias compañeiras agardando polo pronunciamento do Tribunal Supremo nos seus preitos. Cómpre agora que desista dos recurso contra as sentenzas da Administración de Xustiza, que como dixo a CIG nunca debeu interpoñer, pero como as custas non as vai pagar quen tomou a decisión senón que as pagaremos a cidadanía galega, non pasará nada.
Todo isto foi grazas ás xestións da CIG, que primeiro instou as reclamación administrativas e xudiciais en 2020 do grao I, e despois solicitou á D.X. que facilitara o recoñecemento do grao II a aquelas persoas pendentes de sentenza ou execución acudindo á base décimo primeira do Acordo que establece que o Grao II se solicitará no prazo dun mes dende a firmeza da sentenza.
COA CIG, ESTOS SON OS FEITOS: DEREITOS CONQUISTADOS
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal