NOVOS CRITERIOS DA OFERTA DE DESTINOS ÁS NOVAS PROMOCIÓNS DO CORPO DE LETRADAS/OS

Mércores, 12 Nov 2025

O Ministerio de Xustiza trasladounos a Resolución da secretaria xeral da administración de xustiza, relativa á oferta de destinos ás novas promocións do corpo de Letradas/os da Administración de Xustiza.

En dita resolución establécense os seguintes criterios para a oferta inicial de prazas as Letradas/os da Administración de Xustiza que se incorporan ao Corpo:

1. Ofertaranse prazas xenéricas vacantes de segunda e terceira categoría que continúen servidas por Letrados da Administración de Xustiza substitutos tras ofertarse previamente nun concurso de traslado.

2. O número de prazas ofertadas coincidirá co número de Letrados da Administración de Xustiza en prácticas que superasen cada convocatoria e seleccionaranse por orde de antigüidade dos nomeamentos dos Letrados da Administración de Xustiza substitutos que as veñan ocupando.
En todo caso incluiranse nesta relación as prazas servidas por persoal funcionario interino nomeado desde fai máis de tres anos que non fose cesado por atoparse dentro da excepción prevista no artigo 10.4 do Texto Refundido do Estatuto Básico do Empregado Público.

3. A Secretaría Xeral poderá exceptuar, de oficio ou previo informe razoado do Secretario de Goberno correspondente, aquelas prazas que, pola súa natureza ou especialidade, non se consideren idóneas como destino inicial.

4. A antigüidade das Letradas/os da Administración de Xustiza substitutos, nomeados con anterioridade á implantación dos tribunais de instancia no respectivo partido xudicial computarase desde a data de nomeamento na praza que viñesen ocupando con anterioridade aos procesos de axuste.
Estas prazas consideraranse en todo caso ofertadas en concurso previo se existiu convocatoria pública da praza ocupada anteriormente.

Para ver a resolución completa e a oferta de prazas preme nas ligazóns:


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal