O CORPO DE LETRADAS/OS VAI A SER O ÚNICO QUE NON VAI TER PROCESOS DE CONSOLIDACIÓN DO EMPREGO TEMPORAL
Na mesa do pasado xoves, a preguntas da CIG, o Ministerio informou que a convocatoria de estabilización para o corpo de lax, que estaba a ser negociada dende o mes de decembro, caducara, segundo o criterio de Función Pública, e polo tanto as 96 prazas destinadas á consolidación non ían ser convocadas. Isto provoca que o corpo de letrados/as da Administración de Xustiza vai ser o única de toda a Administración Pública española na que non haxa proceso de estabilización derivado da Lei 20/21.
E iso grazas as asociacións de letrados/as, que dando mostra unha vez máis de clasismo e falta de respecto aos compañeiros e compañeiras, denunciaron ante Función Pública a convocatoria dun concurso-oposición para a consolidación desas 96 prazas. Como a proposta do Ministerio era que a fase de oposición constase dun exame de máis de 100 preguntas do temario de libre, as asociaciacións protestaron porque “non entenden aceptable rebaixar os criterios de acceso ao corpo, sendo ineludible que a adquisición da condición de lax requira dunha oposición pública con todas as garantías para asegurar aos cidadáns a prestación dun servizo público de calidade”. Para estas asociacións, sempre prestará mellor servizo nunha oficina xudicial unha persoa da rúa que simplemente demostrou ter moita memoria que outra que leva anos traballando nela e aproba un exame de todo o temario.
Esta non é a primeira vez que boicotean a consolidación do persoal interino e substituto, posto que o primeiro intento foi botado abaixo por unha demanda que interpuxeron contra o acceso polo sistema de concurso. Pero polo que se ve o de concurso-oposición tampouco lles vale. Hai que ser de pata negra, incluso para algunha autodenominada “progresista”.
Tamén lle debemos a elas a casi inalcanzable promoción interna, posto que non só se opuxeron a que fose dun 50% das prazas da OPE (algo que acadamos os sindicatos) senón que impiden que se garanta a cobertura das prazas ofertadas porque, a diferencia do que sucede en corpos xerais, as prazas que non se cubren por interna acrecen as de libre, que é o que as asociacións defenden, ás persoas de fora. Función Pública ten asinado dende hai anos un acordo con CSIF, CCOO e UXT polo que se eliminan os exames orais das promocións internas, pero grazas á presión das asociacións os sindicatos non damos conseguido que se aplique na Administración de Xustiza.
Na actualidade hai máis de 850 prazas de lax vacantes en España, cubertas na súa maioría por persoal temporal, interino ou substituto, sobre todo naqueles sitios onde o persoal titular non quere estar destinado, fundamentalmente vilas pequenas. Pero agora négaselle a ese persoal que está a sacar adiante o traballo nas peores condición, a posibilidade de acceder á praza realizando un exame tipo test en aras a un suposto “servizo público de calidade”.
Podendo estar de acordo ou non cos procesos de estabilización da Lei 20/21, o que non é de recibo é que se lle teña dado a posibilidade de consolidar a todos os corpos e categorías da Administración, na maioría dos casos só por un concurso de méritos, e se castigue ao persoal temporal do corpo de lax só por burdo clasismo.
A CIG recurrirá a todas as instancias posibles para que esas prazas non se perdan e sobre todo non se inclúan na oferta da OPE de 2026 para a súa cobertura polas vías ordinarias.
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal