OFERTA DE PRAZA EN COMISIÓN DE SERVIZOS NA MUXEXU EN CANTABRIA

Convocatoria Orde PJC/1146/2025, do 13 de outubro.
Venres, 17 Out 2025

Publicouse o 17/10/2025 na páxina web do Ministerio de Xustiza a convocatoria dunha praza, en comisión de servizo, dos postos de traballo reservados ao persoal funcionario do Corpo de Tramitación Procesual e Administrativa da Administración de Xustiza, que se sinalan no Anexo I.

Poderán solicitar a comisión de servizo, con relevación de funcións, o persoal funcionario de carreira pertencente ao Corpo de Tramitación Procesual e Administrativa da Administración de Xustiza que se atope en situación de servizo activo e prestando servizos efectivos en destino definitivo.

As persoas interesadas deberán presentar a súa solicitude axustada ao modelo do Anexo II desta resolución. Adxunta á súa instancia, as persoas solicitantes deberán incorporar informe do responsable da unidade ou centro de destino de orixe, así como calquera outra documentación que considere oportuna para ser valorada segundo os criterios de adxudicación.

As solicitudes deberán presentarse no prazo de 10 DÍAS HÁBILES contados desde o día seguinte á publicación da presente convocatoria no sitio web do Ministerio da Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes. Para iso, unha vez enchido e asinado electronicamente o Anexo II pola persoa solicitante, deberá remitilo, dentro do prazo establecido, ao seguinte correo electrónico: mugeju.personal@justicia.es. Enviarase pola unidade de persoal da Mutualidade Xeral Xudicial un email de confirmación da recepción dos documentos.

Para ver a resolución completa preme na seguinte ligazón:


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal