OFERTA DE PRAZAS PARA MÉDICOS/AS FORENSES EN GALIZA

Venres, 15 Nov 2024

Acaba de publicarse Resolución da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se ofrecen aos aspirantes aprobados nas probas selectivas para ingreso no Corpo de Médicos Forenses, quenda libre, polo sistema selectivo de concurso, convocadas por Orde JUS/1325/2022, do 28 de decembro, as prazas correspondentes a Galiza.

As solicitudes de destino dos aspirantes presentaranse a través da sede electrónica no prazo de 5 días naturais contados a partir da publicación da presente Resolución na intranet de Xustiza e na páxina web da consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes ou ben enviando un correo electrónico á seguinte dirección (servicio.persoal.xustiza@xunta.gal) indicando no asunto “elección destino médicos forenses”.

As solicitudes formalizaranse segundo modelo que aparece como Anexo II desta Resolución de acordo con as seguintes instrucións: No modelo de instancia poderán relacionarse ata o máximo de prazas coincidentes co número de persoas aprobadas (un total de 11), indicando o órgano, a localidade, a provincia e a función.

Consulta nas seguintes ligazóns a resolución completa e o modelo a empregar:


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal