
ONDE QUEDOU A PROMESA DE DEFENDER O COMPLEMENTO XERAL DO POSTO????

A CIG foi convocada para hoxe xoves 21 a unha reunión no Ministerio da Mesa Delegada para falar exclusivamente da negociación do incremento do complemento específico dos corpos xerais e especiais da Administración de Xustiza do territorio non transferido.
Como xa vos viñemos comentando estas semanas atrás, a pesares da mensaxe clara por parte da CIG de que un incremento salarial baseado no RD 6/2023 debe ser para toda España (igual que a aplicación do RD), e polo tanto nun complemento estatal, o Ministerio segue a rexeitar esa vía e opta definitivamente pola do complemento específico só para o persoal non transferido, pasándolle a pelota ás comunidades para que fagan o que estimen oportuno nos seus territorios.
Ante esta postura inamovíbel do Ministerio, a CIG rexeita a convocatoria desa Mesa Delegada e non acude en sinal de protesta. Nestas últimas semanas estivemos indo a Madrid en multitude de ocasións tanto a grupos de traballo como a mesas sectoriais, intentando ata o final que a suba repercutira en todo o territorio español, e por tanto en Galiza, onde tamén se vai implantar o novo modelo xudicial. Sen embargo todo o esforzo foi inútil e non imos seguir participando do que xa claramente é unha farsa.
Os sindicatos UGT E CSIF, que no seu día convocaron folga en todo o Estado, si acuden a esa mesa para negociar a suba só no territorio Ministerio. Eles verán…
CRÉDITOS IMAXEN SHUTTERSTOCK / WIKIMEDIA COMMONS
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal