OPOSICIÓNS AO CORPO DE LETRADOS/AS: ESTABILIZACIÓN E OPE 2025

Martes, 23 Dec 2025

Hoxe, martes 23 de decembro, tivo lugar unha reunión das organizacións sindicais co Ministerio de Xustiza para examinar a proposta de bases de convocatoria do proceso selectivo derivado da OPE 2025 e tamén as do proceso de estabilización que foi anulado por sentenza. Dado que non é posible levala a cabo por medio dun concurso de méritos, o Ministerio propón un sistema de concurso-oposición no que a primeira fase consistirá nun test, eliminando o segundo exercicio oral. Por este sistema ofrecerá 96 prazas, reservando o 5% para a quenda de discapacidade. Haberá que acadar a metade da puntuación posible no test para poder acceder á fase de méritos.

O corpo de letrados/as debe ser o único da Administración española que non tivo un proceso de estabilización, polo que pedimos ao Ministerio que tome as medidas necesarias para que desta volta se garanta a cobertura de todas as prazas e que sexa, principalmente, por persoas que teñen desenvolto traballo temporal no corpo de letrados/as, tanto de interino/a como de substituto/a ou habilitado/a ou que, polo menos, traballen na Administración de Xustiza. Neste sentido propuxemos:

- unha redución do temario, eliminando o referido a Dereito substantivo; actualmente consta de 267 temas, o que semella imposible de estudiar en breve prazo pola xente que estea traballando. 
- que o test non sexa eliminatorio ou que non desconten as preguntas erróneas.
- máis tempo para a realización do test.
- incluir máis casos de forza maior que permitan acudir ao exame de incidencias, tendo en conta que o lugar de realización será Madrid.

Tamén solicitamos a supresión do curso selectivo para aquelas persoas que acrediten unha experiencia mínima no corpo de lax.

Quedamos á espera de que o Ministerio estudie as alegacións formuladas e nos dea unha resposta nun breve prazo dado que se pretende convocar no mes de xaneiro.

En canto ás taxas cobradas no proceso anulado, solicitamos que ou ben se devolvan de inmediato ou que se artelle un sistema de compensación para o proceso proposto.

Por outra banda, xunto coa estabilización, convocarase a OPE 2025, que se divide en:

• Acceso libre: 119 prazas, das que 12 constitúen o cupo de reserva de persoas con discapacidade. 
• Acceso por promoción interna: 60 prazas, das que 6 constitúen o cupo de reserva de persoas con discapacidade.

Neste caso solicitamos que por quenda interna se elimine tamén o segundo exercicio, facilitando a promoción profesional, en consonancia co que se está a propor para as carreiras fiscal e xudicial na Lei de fortalecemento.


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal