
OPOSICIÓNS QUENDA LIBRE MÉDICOS FORENSES OPE 2023
Orde PJC/94/2024, do 31 de xaneiro, pola que se convoca proceso selectivo para ingreso, polo sistema xeral de acceso libre, mediante oposición, no Corpo Nacional de Médicos Forenses.
Convócase proceso selectivo para cubrir por quenda libre 25 prazas no Corpo Nacional de Médicos Forenses, das que 1 o é pola cota de reserva para persoas con discapacidade, polo sistema selectivo de oposición, conforme ao disposto no Real Decreto 625/2023, do 11 de xullo, polo que se aproba a oferta de emprego público correspondente ao exercicio 2023.
A convocatoria das prazas levarase a cabo conxuntamente en todo o territorio nacional, de acordo coa distribución territorial, entre o ámbito xestionado polo Ministerio da Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes e as distintas Comunidades Autónomas con competencias asumidas en medidos persoais, que se recolle no seguinte cadro:
As persoas aspirantes só poderán participar por un único ámbito territorial.
A presentación da solicitude realizarase no prazo de vinte días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación da presente orde no Boletín Oficial do Estado, e dirixirase á Secretaría de Estado de Xustiza.
Quen desexe participar neste proceso selectivo deberán cubrir e presentar electronicamente o modelo oficial de solicitude de admisión a probas selectivas na Administración Pública e liquidación de taxas de dereitos de exame (modelo 790), que estará dispoñible no servizo de Inscrición en Probas Selectivas (IPS) do Punto de Acceso Xeral:
https://ips.redsara.es/IPSC/secure/buscarConvocatorias
O primeiro exercicio da oposición realizarase dentro dos tres meses seguintes á publicación da convocatoria no Boletín Oficial do Estado.
A fase de oposición terá unha duración máxima de catro meses dende a realización do primeiro exercicio, salvo que concorra causa obxectiva que o xustifique.
Para ver a resolución completa PREME AQUÍ
Se queres facer o seguimento desta convocatoria PREME AQUÍ
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal