
PERMISO RETRIBUIDO PARA O PERSOAL FUNCIONARIO QUE ACCEDA A OUTROS CORPOS OU ESCALAS
NOVA INFORMATIVA DA SECRETARÍA XERAL PARA A INNOVACIÓN E A CALIDADE DO SERVIZO PÚBLICO DE XUSTIZA, SUBDIRECCIÓN XERAL DE ACCESO E PROMOCIÓN Á ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA, MINISTERIO DA PRESIDENCIA XUSTIZA E RELACIÓN COAS CORTES
Transcripción literal:
"A Disposición Adicional Quinta establece o seguinte:
"Disposición adicional quinta. Permiso retribuído para funcionarios que accedan a outros Corpos ou Escalas. Os funcionarios de carreira en servizo activo ou situación asimilada que accedan a un novo Corpo ou Escala terán dereito, a partir da toma de posesión, a un permiso retribuído de tres días hábiles se o destino non implica cambio de residencia do funcionario e dun mes se o comporta.”
Segundo acordo da Comisión Superior de Persoal, informouse que este permiso ten por obxecto que todo o persoal que se atope prestando servizos na Administración e accede a un Corpo ou Escala por promoción interna ou quenda libre, goce dun permiso retribuído para incorporarse ao seu posto de traballo, o que non ocorre en todos os casos.
En consecuencia, este permiso só se aplicará ao persoal que non gozase de prazo posesorio retribuído.
Polo anterior o criterio do Ministerio para uso interno en canto á concesión do devandito permiso é o seguinte:
Concederase a todos os funcionarios de carreira que estean a prestar servizos no momento da publicación no Boletín Oficial do Estado da adxudicación de destinos, tanto de novo ingreso como por concurso de traslados ordinario, a condición de que cesen e tomen posesión sucesivamente no prazo imprescindible dun, dous ou tres días que se concede para estes casos.
O permiso deberá empezar a contar a partir do día seguinte á toma de posesión, dada a finalidade do permiso de habilitar determinado tempo para efectuar o traslado, devindicando as retribucións correspondentes ao novo destino.
O permiso concédese cando hai un cambio de residencia, e segundo o art. 40 do Código Civil, a residencia habitual é onde se teña o domicilio, polo que, se se cambia de destino, pero non de domicilio, non se tería dereito a este permiso.
Débese xustificar documentalmente o cambio de domicilio (contrato de aluguer, certificado empadroamento etc.)
O SUBDIRECTOR XERAL"
A nova informativa orixinal asinada e remitida as xerencias e comunidades autónomas transferidas podes vela na ligazón PREME AQUÍ
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal