
PERMISOS PARA ASISTIR Á REALIZACIÓN DOS EXAMES DAS OPOSICIÓNS

Esta fin de semana vanse realizar os exames de auxilio, tramitación e xestión pola quenda libre, convocados pola Orde PJC/64/2024, de 25 de xaneiro. A hora do exame é a mesma para todo o Estado, ás 9:00h (8:00h en Canarias).
As persoas que vos presentedes fóra de Galiza podedes pedir un permiso para asistir á realización do exame. Este permiso pode solicitarse a través da OPAX no apartado de permisos, onde atoparedes un que se chama "Exames finais e demáis probas definitivas de aptitude". Teredes que adxuntar posteriormente o certificado de asistencia, que poderedes solicitar unha vez realizado o exame as persoas que se atopen alí na aula. A duración deste permiso será polos días da súa realización, incluíndo os necesarios para realizar a viaxe, polo que vos concederán libre o venres 27 de setembro.
Lembramos as sedes dos exames en Galiza:
AUXILIO XUDICIAL: FACULTADE DE DEREITO DA USC https://maps.app.goo.gl/qQceXQx96krg7MTXA
TRAMITACIÓN PROCESUAL E ADMINISTRATIVA: FACULTADE DE MATEMÁTICAS E BIOLOXÍA DA USC https://maps.app.goo.gl/QQ7tSadvzABSePHJ7
XESTIÓN PROCESUAL E ADMINISTRATIVA: FACULTADE DE QUÍMICAS DA USC https://maps.app.goo.gl/cdLpkyiUrnJVKAADA
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal