PLANS DE EVACUACIÓNS XA

A CIG presenta escrito na Dirección Xeral de Xustiza solicitando que se establezan os mesmos de maneira urxente
Luns, 16 Out 2023

O pasado día 11 de outubro a CIG a través da súa Delegada de Prevención, presentou escrito na Dirección Xeral solicitando a urxente creación e posta en funcionamento dos Plans de Evacuación de todos os edificios xudiciais de Galiza.

Tomando como referencia os edificios de máis recente construción, que son os da Cidade da Xustiza de Vigo e o de Ourense, desde a súa inauguración ata o día de hoxe non se levou a cabo ningún plan de evacuación de incendios nin simulacros. Se dita falta de previsión produciuse nos devanditos edificios, que son os máis novos dos existentes e con máis modernas medidas de seguridade, con respecto ao resto de inmobles aínda se estará en peores condicións de seguridade.

Considerando que segundo, a Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de Riscos Laborais, no seu articulo 2 , apartado 1 establecese que:

“A presente Lei ten por obxecto promover a seguridade e a saúde dos traballadores mediante a aplicación de medidas e o desenvolvemento das actividades necesarias para a prevención de riscos derivados do traballo.“

Así como o artigo 20, o cal fixa a obriga de que as empresas analicen as posibles situacións de emerxencia e que adopten as medidas necesarias, en materia de primeiros auxilios, loita contra incendios e evacuación das persoas traballadoras.

Por todo iso consideramos necesario que se establezan, con carácter urxente, Plans de Evacuación, para todos os edificios xudiciais da Comunidade Autónoma, debido a que na actualidade non existe en ningún deles e polo tanto non se realizan os simulacros preceptivos de evacuación das devanditas instalacións durante unha posible emerxencia.


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal