
PRAZA VACANTE LIBRE DESIGNACIÓN SECRETARIO/A DO FISCAL XEFE PROVINCIAL DE A CORUÑA

VICEPRESIDENCIA PRIMEIRA E CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, XUSTIZA E DEPORTES
ORDE do 18 de setembro de 2023 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería.
Denominación do posto: secretario/a fiscal xefe provincial.
Código do posto: PR.C99.10.006.15001.003.
Corpo ou escala: xeral/tramitación procesual e administrativa.
Grupo/subgrupo: C1/C2.
Nivel: 20.
Tipo de adscrición: A13 (adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado, CC.AA. e Administración de xustiza).
Formación específica: 640 (para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (R.I.).
Centro directivo ou dependencia: Unidade de Apoio á Fiscalía Superior (A Coruña).
Localidade: A Coruña.
Poderá concorrer a ela o persoal funcionario de carreira que reúna as condicións que para o posto de traballo se sinalan no anexo I.
As solicitudes, segundo o modelo que se inclúe no anexo II, dirixiranse á Secretaría Xeral Técnica da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, e presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado correspondente ao procedemento administrativo PR004, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, no prazo de quince (15) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
As persoas solicitantes deberán unir á petición o seu currículo e xustificar documentalmente os méritos que aleguen mediante certificación ou copia electrónica auténtica.
No caso de que resulte seleccionada para ocupar o posto de traballo que se anuncia no anexo I desta orde unha persoa con destino noutra Administración pública, requirirase o informe favorable do órgano competente da súa Administración de orixe, de conformidade co previsto no artigo 29 do Decreto 151/2022, do 4 de agosto.
Se precisas ver a resolución completa preme no enlace:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2023/20230929/AnuncioG0690-210923-0001_gl.html
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal