PROGRAMA VACACIÓNS 2025

Martes, 27 Mai 2025

A Dirección Xeral de Xustiza acaba de enviarnos o texto definitivo do programa anual de vacacións para o 2025. 

Tiveron en conta algunhas da nosas alegacións tales como, no texto do borrador que foi enviado só se contemplaba o período de vacacións do verán, do 1/07/25 até o 30/09/2025. Nós consideramos que se debía manter o sistema até o de agora establecido, por tempadas, sendo do seguinte xeito:

  • TEMPADA A: 

            - ESTIVAL: 1/07/2025 até o 30/09/2025

            - NADAL: 22/12/2025 até o 11/01/2026

  • TEMPADA B: resto do ano non comprendido na tempada "A"

No punto 3.3 do programa mencionan a situación que nós indicabamos nas alegacións, que hai que ter en conta cantas persoas van formar parte nos novos órganos para establecer as porcentaxes de persoal mínimo. Xa que no caso dos xulgados mixtos cambian a tribunais de instancia e no caso dos xulgados de paz pasan a ser as oficinas de xustiza no municipio o 1/07/2025 e os tribunais de instancia nas cidades entran o 31/12/2025

A DX establece neste punto que: Tendo en conta que o prazo de presentación de solicitudes de vacacións para o ano 2025 é anterior á entrada en vigor da nova oficina xudicial, tómanse como referencia os centros de traballo vixentes na data da aprobación do programa anual de vacacións 2025 e se aplicarán as porcentaxes de permanencia establecidas neste programa para cada un deles, sen prexuízo da posibilidade de modificación que, por necesidades xustificadas do servizo, teñan que realizarse.

As solicitudes deberán presentarse no servizo nos seguintes prazos ordinarios:
- Para vacacións durante a tempada “A”: As vacacións de verán solicitaranse ata o 6.06.2025 e as de Nadal ata o 15 de decembro.
- Para vacacións durante a tempada “B”: Ata o día 15 do mes anterior ao do gozo das vacación

Durante a tempada “A” deberá permanecer na unidade ou servizo, como mínimo, o 50% do cadro de persoal. No mes de agosto a porcentaxe de permanencia mínima será do 33%, agás nos rexistros civís onde a permanencia mínima durante o mes de agosto será do 50%. (elimínase o dos rexistros civís exclusivos de Coruña e Vigo)
Durante a tempada “B” non se establecen porcentaxes de permanencia, estando suxeitos ao que establece con carácter xeral a regulación sobre permisos, vacacións e licenzas vixente.

Consulta na ligazón o documento definitivo do programa anual de vacacións para o 2025:


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal