PROMOCIÓN INTERNA XESTIÓN LISTAXE PROVISIONAL DE APROBADOS CON PRAZA

Acordo de 18 de xaneiro de 2024 do TCU que fai pública a valoración definitiva de meritos e a listaxe provisional de aspirantes que superan o proceso selectivo
Xoves, 18 Xan 2024

ACORDO DO 18 DE XANEIRO DE 2024 DO TRIBUNAL CUALIFICADOR ÚNICO, POLO QUE SE APROBA A VALORACIÓN DEFINITIVA DE MÉRITOS DA FASE DE CONCURSO DOS ASPIRANTES QUE SUPERARON A FASE DE OPOSICIÓN DAS PROBAS SELECTIVAS PARA INGRESO, POR PROMOCIÓN INTERNA, NO CORPO DE XESTIÓN PROCESUAL E ADMINISTRATIVA, CONVOCADO POR ORDE JUS/241/2022, DO 24 DE MARZO.

Reunidos os compoñentes do Tribunal Cualificador Único das probas selectivas para cubrir prazas no corpo de Xestión Procesual e Administrativa da Administración de Xustiza, sistema de acceso por promoción interna, adóptanse os seguintes acordos:

Primeiro.- Aprobar a valoración definitiva de méritos da fase de concurso dos aspirantes que superaron a fase de oposición.

Segundo.- Facer pública a relación nominativa de aspirantes que superaron a fase de concurso indicando a puntuación obtida en cada apartado e a total na devandita fase, e que figura no Anexo I do presente acordo.

Terceiro.- Facer pública a relación provisional de aspirantes, por orde de puntuación, de cada ámbito territorial, que superaron o proceso selectivo, conforme ao número de prazas ofertadas, e que figuran no Anexo II do presente acordo.

Finalizadas as probas, o Tribunal aprobará e elevará ao Ministerio de Xustiza proposta coa relación de aprobados, en cada ámbito territorial, cuxo número non poderá superar o de prazas convocadas, que se publicará no «Boletín Oficial do Estado» e nos Diarios Oficiais das Comunidades Autónomas onde se convoquen prazas, con indicación do número de orde, nome e apelidos, DNI, puntuación obtida en cada un dos exercicios e a total de todolos exercicios obrigatorios e fase de concurso.

Xunto con esta nota total, pero separada dela e sen sumarse á mesma, figurará, no seu caso, a obtida na lingua oficial propia da Comunidade Autónoma por cuxo ámbito territorial concorre e a obtida polo coñecemento do Dereito Civil Vasco.

Os opositores que non figuren na relación, terán a consideración de non aptos, quedando eliminados do proceso selectivo.

ACORDO DO TRIBUNAL CUALIFICADOR ÚNICO DE 18 DE XANEIRO DE 2024

LISTAXE DEFINITIVO DA VALORACIÇON DE MÉRITOS

LISTAXE PROVISIONAL DE APROBADOS CON PRAZA


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal