
PROMOCIÓN INTERNA XESTIÓN NOVA CONVOCATORIA OPE 2022/2023
Orde PJC/104/2024, do 31 de xaneiro, pola que se convoca proceso selectivo para ingreso, por promoción interna, mediante concurso-oposición, ao Corpo de Xestión Procesual e Administrativa da Administración de Xustiza
Para poder participar neste proceso será requisito imprescindíbel ter a condición de funcionario ou funcionaria de carreira no corpo de tramitación e acreditar unha antigüidade de alomenos dous anos en dito corpo, ben como titular, interino ou substituto.
A titulación esixida será: Grao, Diplomatura Universitaria, Enxeñería Técnica, Arquitectura Técnica ou equivalentes.
O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación da orde no BOE.
Quen desexe participar neste proceso selectivo deberán cubrir o modelo oficial de solicitude de admisión a probas selectivas na Administración Pública (modelo 790-Código 007 en cuxa parte superior figura «Solicitude de admisión a probas selectivas da Administración Pública e liquidación da taxa de dereitos de exame»), que estará dispoñible no punto de acceso xeral www.administracion.gob.es
Para cubrir a instancia e pagar as taxas, podémolo facer tamén a través do seguinte enlace: https://ips.redsara.es/IPSC/secure/buscarConvocatorias
No caso de que se produza algunha incidencia técnica durante o proceso de inscrición, os participantes deberán dirixirse ao teléfono 060 ou encher o formulario de consultas/incidencias dispoñible na seguinte dirección https://centrodeservicios.redsara.es/axuda/consulta/IPS
Estarán exentas de pagar as taxas ou parte delas: aquelas persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33%; as demandantes de emprego que leven máis dun mes no paro e non rexeitaran ofertas de emprego e carezan ademais de rendas superiores ao salario mínimo; as familias numerosas e as vítimas de terrorismo.
As prazas da cota de reserva daquelas persoas con discapacidade que queden desertas acumularanse ás da cota xeral.
Aquel/as aspirantes que opten pola cota de reserva para persoas con discapacidade non poderán participar pola cota xeral.
Só se poderá participar nun único ámbito territorial.
As prazas que resulten desertas nun ámbito territorial non se acumularán a outro ámbito.
Non se admitirá mudar o ámbito territorial escollido unha vez presentada a solicitude de matrícula.
PROCESO SELECTIVO
O proceso selectivo será polo sistema de Concurso-Oposición.
A fase de oposición será eliminatoria.
O exercicio único poderá ser coincidente no tempo, en calquera das súas fases, co desenvolvemento de outros.
Fase de oposición 100 puntos, Fase de concurso 65 puntos.
FASE DE OPOSICIÓN: Terá unha duración máxima de tres meses. O exercicio único farase o mesmo día e a mesma hora en todas as sedes, e terá lugar dentro dos 45 días seguintes a publicación definitiva de aspirantes admitidos e excluídos. Agosto considérase inhábil.
Exercicio único escrito e eliminatorio, que consistirá en contestar a un cuestionario tipo test de 100 preguntas, con catro respostas alternativas, das cales só unha é valida.
A duración da proba será de 100 minutos.
As respostas acertadas sumarán 1 punto. As erradas descontarán 0,25 puntos. As non contestadas non serán puntuadas.
A nota mínima para aprobar o exercicio e pasar á fase de concurso será de 50 puntos.
A plantilla correctora do exercicio publicarase no prazo máximo de dous días, a contar dende a realización do exame.
RESERVA DE NOTA: As persoas aspirantes que superasen a fase de oposición da convocatoria inmediatamente anterior de promoción interna ao Corpo de Xestión, cunha nota superior á mínima fixada (60 por cento), pero non obtivesen praza, por non reunir méritos suficientes na fase de concurso daquela convocatoria, quedarán exentos de realizar neste proceso selectivo o exame da fase de oposición. Esta reserva só se recoñecera cando o aspirante se presente ao mesmo corpo, ámbito territorial e quenda, salvo que voluntariamente se presente ao exame para aumentar a nota. Neste caso, se a nota obtida fose inferior ou non superase o exame, reservaráselle a nota da convocatoria inmediatamente anterior.
FASE DE CONCURSO: Finalizada a fase de oposición, dará comezo a fase de concurso, na que se valorarán os méritos. Valoraranse os servizos prestados a partir do 1 de xaneiro de 2004, como persoal titular, interino ou substituto nos Corpos da Administración de Xustiza ou como persoal laboral desta Administración. Os períodos inferiores a un mes non se valorarán. Non se valorarán aquelas certificacións ou diplomas inferiores a 14 horas lectivas ou que non consten o número de horas, nin aquelas que teñan máis de 10 anos na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes. Os cursos de igual ou similar contido valoraranse só unha vez
No apartado de cursos de formación só se valorarán aqueles de carácter xurídico, informático e de idiomas extranxeiros. A valoración do coñecemento das linguas oficiais propias das Comunidades Autónomas ou do Dereito Civil Vasco, poderá facerse documentalmente ou mediante a realización dun exame, sempre que o/a aspirante así o tivera solicitado na súa instancia. Dita proba será optativa e non eliminatoria, e unicamente serve para subir nota, unha vez se teña superado o proceso selectivo e obtido a praza.
MÉRITOS PROFESIONAIS SERVIZOS PRESTADOS (Puntuación máxima 39 puntos)
Valoraranse os servizos prestados a partir do 1 de xaneiro de 2004, como persoal titular, interino ou substituto nos Corpos da Administración de Xustiza ou como persoal laboral desta Administración.
- Por cada mes completo como substituto ou interino en xestión (antes oficiais) 0,35 puntos
- Por cada mes completo como titular, substituto ou interino en Tramitación (antes auxiliares) 0,30 ptos
- Por cada mes completo no resto dos corpos xerais e letrados, xuíces ou fiscais 0,25 puntos
- Por cada mes completo como persoal laboral en xustiza 0,15 puntos
MÉRITOS ACADÉMICOS (Puntuación máxima 26 puntos)
1.- TÍTULOS E GRAOS ACADÉMICOS (Puntuación máxima 12 puntos)
- Licenciatura ou grao en dereito 12 puntos
- Outra licenciatura, enxeñería, arquitectura, grao ou máster 8 puntos
- Diplomaturas, enxeñerías ou arquitecturas técnicas 5 puntos
2.- HISTORIAL PROFESIONAL Puntuación máxima 13 puntos (Xurídicos máximo de 8 puntos), (Informáticos máximo 5 puntos)
- Cursos entre 15 e 29 horas 0,50 puntos
- Cursos entre 30 e 59 horas 1 punto
- Cursos de máis de 60 o máis horas 1,50 puntos
3.- IDIOMAS EXTRANXEIROS (Puntuación máxima 1 punto)
- C1 ou C2 1 punto
- B1 ou B2 0,50 puntos
COÑECEMENTO DAS LINGUAS OFICIAIS PROPIAS DAS COMUNIDADES AUTÓNOMAS (Puntuación máxima 18 puntos)
- Celga ou similar 6 puntos
- Linguaxe xurídica medio 12 puntos
- Linguaxe xurídica superior 18 puntos
Se queres ver a resolución completa PREME AQUÍ
Se queres descargar ou imprimir o cadro resumo PREME AQUÍ
Para facer o seguimento da convocatoria PREME AQUÍ
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cig.acoruna@xustiza.gal - Compostela:
639 865 917
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
cig.pontevedra@xustiza.gal - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal