PRÓXIMA PUBLICACIÓN DA CONVOCATORIA PARA A SOLICITUDE DA TRAXECTORIA PROFESIONAL

Mércores, 25 Feb 2026

O 2.03.2026 comezará o prazo de presentación de solicitudes da traxectoria profesional conforme ao previsto na RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 2025, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 29 de decembro de 2025, polo que se aproba o acordo acadado o 2 de decembro de 2025 entre a Xunta de Galicia e as organizacións sindicais SPJ-USO, STAJ, UGT e CC.OO. para a implantación do réxime extraordinario de acceso aos graos I, II e III do sistema transitorio extraordinario de recoñecemento da progresión na traxectoria profesional para o persoal ao servizo da Administración de xustiza en Galicia.

O prazo é de 30 días hábiles (ata o 15.04.2026) para todos os graos e para todos os corpos. O persoal solicitante deberá cubrir a súa solicitude a través do formulario electrónico dispoñible na OPAX (Oficina Virtual do Persoal da Administración de Xustiza), no enderezo web http://opax.xunta.es

As solicitudes estimadas terán efectos económicos do 1 de xaneiro de 2025, salvo o recoñecemento do grao III para o corpo de xestión procesual e administrativa e do corpo de medicina forense, que terá efectos económicos do 1 de xaneiro de 2026.

O prazo máximo para a resolución das solicitudes de recoñecemento extraordinario dos graos I, II e III da traxectoria profesional será de 3 meses contado desde a presentación da solicitude. De non ditarse resolución no dito prazo, a solicitude entenderase desestimada.

Para ver a resolución completa preme na ligazón:


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal