PUBLICACIÓN NO BOE DA LISTAXE DE PERSOAS APROBADAS DO CORPO DE TRAMITACIÓN - QUENDA LIBRE

Convocatoria Orde PJC/64/2024, do 25 de xaneiro
Martes, 16 Set 2025

Publicouse no BOE do 16 de setembro a Orde PJC/1015/2025, do 4 de setembro, pola que se publica a relación de persoas aprobadas no proceso selectivo para ingreso, polo sistema xeral de acceso libre, mediante oposición, ao Corpo de Tramitación Procesual e Administrativa da Administración de Xustiza, convocado por Orde PJC/64/2024, do 25 de xaneiro.

No prazo de DEZ DÍAS HÁBILES, desde a publicación desta Orde no «Boletín Oficial do Estado», as persoas aspirantes que figuran no anexo I presentarán no Rexistro Xeral deste Ministerio, rúa da Bolsa, número 8, código postal 28071 de Madrid, ou ben, nos Rexistros de calquera dos órganos previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, e dirixida á Unidade EA0041037-Oficina Ou00011588-Medios Persoais. Procesos Selectivos, a seguinte documentación:
a) As persoas aspirantes que teñan a condición legal de persoas con discapacidade, con grao igual ou superior ao 33 por 100, deberán presentar certificación dos órganos competentes que acredite tal condición (no caso de que esta non se acreditou con anterioridade) e certificado médico oficial que acredite a súa capacidade funcional para desempeñar as tarefas e funcións propias do Corpo polo que se presentan.
b) Certificado médico oficial que acredite a súa capacidade funcional para desempeñar as tarefas e funcións propias do Corpo.
c) As persoas aspirantes que, na súa solicitude de participación inicial, non prestasen expresamente o seu consentimento para que os datos referidos á súa identificación persoal e ás súas titulacións ou certificacións académicas poidan ser consultados e verificados de oficio polo órgano instrutor deste proceso selectivo, deberán achegar tamén:
Copia auténtica do documento nacional de identidade, ou equivalente.
Copia auténtica do título esixido na convocatoria ou certificación académica
acreditativa de ter aprobadas todas as materias que lle capacitan para a obtención do mesmo, acompañando o resgardo xustificativo de abonar os dereitos para a súa expedición.
d) No suposto de titulacións obtidas no estranxeiro, deberá presentarse copia auténtica da documentación que acredite a súa homologación, ou no seu caso, do correspondente certificado de equivalencia.
e) Declaración xurada de non acharse comprendido en causa de incompatibilidade nin estar inhabilitado para o exercicio de funcións públicas, en vía disciplinaria ou xudicial, nin ser separado mediante procedemento disciplinario de ningún dos Corpos ao servizo de calquera das Administracións Públicas, salvo que fose rehabilitado (anexo II).
Quen, dentro do prazo fixado, e salvo causa de forza maior, non presentaren a documentación, ou do exame da mesma deducísese que carecen dalgún dos requisitos establecidos, non poderán ser nomeados funcionarios de carreira e quedasen anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que houberen podido incorrer por falsidade na solicitude inicial.

Para ver a orde completa preme na seguinte ligazón:


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal