PUBLICADAS NO BOE AS ORDES DE OFERTA DE DESTINOS PARA AS PERSOAS APROBADAS DE XESTIÓN, TRAMITACIÓN E AUXILIO XUDICIAL DA OPE 2023
No BOE de hoxe publícanse as ordes ministeriais polas que se publican as relacións de persoas aprobadas e se ofertan prazas vacantes no ámbito do Ministerio ás persoas aprobadas da quenda libre para acceder aos corpos de Xestión Procesual e Administrativa, Tramitación Procesual e Administrativa e Auxilio Xudicial, correspondentes ao proceso selectivo convocado pola Orde PJC/64/2024, do 25 de xaneiro.
CORPO DE XESTIÓN PROCESUAL E ADMINISTRATIVA
-
Orde PJC/1228/2026, do 6 de novembro, pola que se modifica a Orde PJC/294/2026, do 20 de marzo, pola que se publica a relación de persoas aprobadas no proceso selectivo para o ingreso, pola quenda libre, mediante oposición, no Corpo de Xestión Procesual e Administrativa da Administración de Xustiza, convocado pola Orde PJC/64/2024, do 25 de xaneiro.
-
Orde PJC/1229/2026, do 6 de novembro, pola que se publica a relación de prazas correspondentes ao ámbito do Ministerio da Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes que se ofertan ás persoas aprobadas no proceso selectivo para o ingreso, pola quenda libre, mediante oposición, no Corpo de Xestión Procesual e Administrativa da Administración de Xustiza, convocado pola Orde PJC/64/2024, do 25 de xaneiro.
CORPO DE TRAMITACIÓN PROCESUAL E ADMINISTRATIVA
-
Orde PJC/1230/2026, do 6 de novembro, pola que se modifica a Orde PJC/1015/2025, do 4 de setembro, pola que se publica a relación de persoas aprobadas no proceso selectivo para o ingreso, pola quenda acceso libre, mediante oposición, no Corpo de Tramitación Procesual e Administrativa da Administración de Xustiza, convocado pola Orde PJC/64/2024, do 25 de xaneiro.
-
Orde PJC/1231/2026, do 6 de novembro, pola que se publica a relación de prazas correspondentes ao ámbito do Ministerio da Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes que se ofertan ás persoas aprobadas no proceso selectivo para o ingreso, pola quenda libre, mediante oposición, no Corpo de Tramitación Procesual e Administrativa da Administración de Xustiza, convocado pola Orde PJC/64/2024, do 25 de xaneiro.
CORPO DE AUXILIO XUDICIAL
-
Orde PJC/1226/2026, do 6 de novembro, pola que se modifica a Orde PJC/1014/2025, do 4 de setembro, pola que se publica a relación de persoas aprobadas no proceso selectivo para o ingreso, pola quenda libre, mediante oposición, no Corpo de Auxilio Xudicial da Administración de Xustiza, convocado pola Orde PJC/64/2024, do 25 de xaneiro.
-
Orde PJC/1227/2026, do 6 de novembro, pola que se publica a relación de prazas correspondentes ao ámbito do Ministerio da Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes que se ofertan ás persoas aprobadas no proceso selectivo para o ingreso, pola quenda libre, mediante oposición, no Corpo de Auxilio Xudicial da Administración de Xustiza, convocado pola Orde PJC/64/2024, do 25 de xaneiro.
PRAZO E PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES DE DESTINO
As solicitudes de destino das persoas aspirantes (anexo II da correspondente orde) deste ámbito deberán presentarse no PRAZO DE CINCO DÍAS HÁBILES, contados desde o día seguinte ao da publicación da notificación, a través do seguinte enderezo de correo electrónico:
concursos.admonjusticia@mjusticia.es
No asunto da mensaxe deberá indicarse:
-
XESTIÓN: APELIDO1_APELIDO2_NOME_GE64
-
TRAMITACIÓN: APELIDO1_APELIDO2_NOME_TR64
-
AUXILIO XUDICIAL: APELIDO1_APELIDO2_NOME_AU64
IMPORTANTE: NÚMERO MÍNIMO DE PRAZAS QUE SE DEBEN SOLICITAR
No modelo de solicitude deberán solicitarse, como mínimo, tantas prazas como número de opositor/a se teña.
Na solicitude deberán indicarse os seguintes datos: ID do posto, denominación do órgano, ATP, localidade, provincia e comunidade autónoma.
A solicitude deberá estar asinada electronicamente.
No caso de que non corresponda ningún dos destinos solicitados por non ter pedido un número suficiente de prazas, adxudicarase un destino seguindo a orde alfabética das localidades.
Buscador
Contacta coa CIG Xustiza
- A Coruña:
657 768 693 - 635 607 376
cigxustiza.acorunha@gmail.com - Compostela:
604 042 377
cig.santiago@xustiza.gal - Ferrol:
637 108 945
cigxustiza.ferrol@gmail.com - Lugo:
639 921 202 - 616 788 881
cig.lugo@xustiza.gal - Ourense:
636 424 191
mondraprayer@hotmail.es - Pontevedra:
646 023 058
josefinaiglesiasdelacampa@yahoo.es - Vigo:
669 760 087
cig.vigo@xustiza.gal