PUBLICADO NO BOE A RELACIÓN PROVISIONAL DE PERSOAS ADMITIDAS E EXCLUÍDAS E A DATA DE REALIZACIÓN DOS EXAMES DE QUENDA LIBRE DE AUXILIO, TRAMITACIÓN E XESTIÓN

Convocatoria Orde PJC/1437/2024, de 3 de decembro (Quenda Libre)
Martes, 10 Xun 2025

Hoxe publicouse no BOE a Orde PJC/596/2025, de 2 de xuño pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas, publícanse os Tribunais cualificadores únicos e Tribunais delegados e fíxase a data para a realización do exercicio da fase de oposición nos procesos selectivos para acceso pola quenda libre aos corpos de xestión, auxilio e tramitación.

A data para a celebración dos exercicios da fase de oposición será o 27 de setembro de 2025. . Os tres procesos selectivos serán o mesmo día e comezarán a mesma hora, ademais poderán ser coincidentes no tempo en calquera das suas fases, entre si ou con calquera outro proceso selectivo. 

Todos os exercicios terán lugar no mesmo día e hora en todas as sedes do exame, nun único acto de exame, un a continuación do outro.

Os lugares concretos de celebración dos exercicios da fase de oposición publicaranse na resolución pola que se aproba as relacións definitivas de persoas aspirantes admitidas e excluídas, na que se convocará as persoas admitidas en chamamento único para a celebración do exercicio.

Accede na seguinte ligazón a Orde completa publicada no BOE:


Buscador

Contacta coa CIG Xustiza

  • A Coruña:
    657 768 693 - 635 607 376
    cig.acoruna@xustiza.gal
  • Compostela:
    639 865 917
    cig.santiago@xustiza.gal
  • Ferrol:
    637 108 945
    cigxustiza.ferrol@gmail.com
  • Lugo:
    639 921 202 - 616 788 881
    cig.lugo@xustiza.gal
  • Ourense:
    636 424 191
    mondraprayer@hotmail.es
  • Pontevedra:
    646 023 058
    cig.pontevedra@xustiza.gal
  • Vigo:
    669 760 087
    cig.vigo@xustiza.gal